O Centro Social Autoxestionado do Sar é un proxecto que nace da vontade de dotar á cidade de Compostela dun espazo aberto para uso da veciñanza e os movementos sociais de Compostela. Un espazo, así mesmo, onde teña cabida a cultura e o lecer alternativos.
O funcionamento do centro social é asembleario e autoxestionado: o espazo organízase mediante unha asemblea aberta na que participan os diferentes colectivos da casa e persoas que acuden a titulo individual.
Por todo isto e pola cálida benvida ao achegarnos a Asamblea da Casa, a Xuntanza Antiprohibicionista comeza a súa andaina neste espazo autoxestionado.
Así que agora podes atoparnos tódolos mércores ás 21:00h no C.S.A. do Sar.
Vémonos!