Alerta Energy Control: Falso MDMA

Energy Control informa: (traducido de energycontrol.org)Diphenidine.svg
Detectáronse dúas mostras no servizo de análise de falso MDMA en Barcelona. A primeira en xullo de 2014 e a segunda en setembro 2014. A aparencia das dúas mostras foi po branco. Na súa composición, no canto de MDMA, apareceu un composto chamado Difenidina ou Diphenidine (1- (1,2difeniletil) piperidina). Este composto é estruturalmente semellante á cetamina e á metoxetamina,e probablemente presenta algúns dos efectos destas substancias de carácter anestésico-disociativo.Esta sustancia ten causado intoxicacións graves: dúas persoas en España e outros nove casos en Suecia.

A difenidina é unha sustancia de uso moi recente. Non hai estudos sobre a toxicidade en humanos. Non se sabe con certeza a dose ou pauta de consumo nin os efectos que pode causar. As persoas que a consumiron como MDMA presentaron efectos adversos, algúns deles graves: desorientación, esquecemento, alucinacións, hipertensión, bradicardia, parada cardíaca, etc

Dende Energy Control non se recomenda o consumo de difenidina.

No caso de consumir MDMA é aconsellable analizar antes. Se non se ten acceso a unha análise do servizo, unha medida de precaución sería consumir unha cantidade moi pequena e esperar polo menos dúas horas para sentir os efectos. En calquera caso, unha cantidade normal de MDMA pode ser unha dose tóxica de difenidina.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s