San Kanuto 2014

Sanka2014(1)

Cun carácter claramente reivindicativo, este San Kanuto 2014 en Compostela comezou coa manifestación onde berramos ben forte que Outra política de drogas é necesaria.

A manifestación percorreu as rúas compostelás acompañada en todo momento polos ritmos do Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos que animaron a tódolos participantes e curiosos que se achegaban a pesar da chuvia que por momentos fixo acto de presenza.

Despois do xantar, a festa na Sala Nasa comezou co humor do Cabaret Fumeta e continuou coas actuacións dos grupos Tomás Son Tribal (Didgeridoo), The Fabulous Resaca Brothers (Blues) e Golpe Radical (HxC), facendo desta data outra memorable xornada cunha gran participación.

O exemplo de cara onde se debe avanzar en materia de drogas chegou a este San Kanuto 2014 da man da xente de Educando no LeZer co seu punto de información e análise de sustancias, dándolle aos consumidores armas coas que loitar contra a indefensión fronte a desinformación e a adulteración que a Prohibición fomenta.

11953240

4268

San Kanuto 2014 segundo os medios:

http://www.lagacetadegalicia.com/a-celebracion-de-san-kanuto-denuncia-o-fracaso-do-modelo-prohibicionista/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2014/01/19/decenas-antiprohibicionistas-gallegos-piden-santiago-cambiar-politica-drogas/00031390145847241605138.htm

http://www.noticieirogalego.com/2014/01/antiprohibicionistas-galegos-piden-cambiar-a-politica-de-drogas/

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/antiprohibicionistas-gallegos-piden-cambiar-politica-drogas-acabar-represion-proteccionista/idEdicion-2014-01-19/idNoticia-847947/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-decenas-antiprohibicionistas-gallegos-piden-cambiar-politica-drogas-acabar-represion-proteccionista-20140119141418.html

http://www.teinteresa.es/galicia/a-coruna/santiago-de-compostela/Decenas-antiprohibicionistas-politica-represion-proteccionista_0_1069093607.html

1 Response to San Kanuto 2014

  1. ARISTIDes di:

    jeje…vivan los niños de la Xa¡¡¡

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s