O 19 de xaneiro de 2008 volvémonos xuntar no tradicional lugar de celebración do San Kanuto, a Carballeira de Santa Susana. O soleado día permitiu @s fieis comezar a festa cun magnífico xantar que precedeu ao xogo do petanka-nuto na honra do santo.
Despois de tan boa alimentación e moderado exercicio, acompañado dos bos fumes que se sentían no ambiente, @s fieis estabamos preparad@s para partir cara as rúas da zona vella de Compostela para facer mostra de devoción. Portando a imaxe e repartindo as veneradas estampiñas do santo, os costo-leiros e demais asistentes denunciamos a persecución do noso patrón mediante consignas e oracións, sempre acompañados polos músicos máis devotos.
Logo do clásico sorteo da XA!, xa de volta na carballeira, Ataque Escampe ofreceu un concerto que foi o gran peche doutra xornada onde demostramos que somos moitos os que non cremos na prohibición e publicamente denunciamos a persecución da marihuana.