Catro novas sustancias prohibidas en Europa

mdpv1O Boletín Oficial da Unión Europea do día 1 de outubro de 2014, recolle a decisión do Consello de 25 de setembro, pola que se someten a medidas de control catro novas sustancias das chamadas legal highs: a MDPV, a metoxetamina, a AH-7921 e a 25 I-NBOme estarán suxeitas a sancións criminais en toda Europa e a súa produción e comercio será ilegal.

Esta decisión segue o procedemento para a avaliación de riscos e o control de novas substancias establecido pola Decisión do Consello 2005/387/JHA. En Abril deste ano, a avaliación de riscos atopou que as catro substancias non tiñan propósitos médicos ou de calquera outro tipo que fose lexítimo e que estaban a ser vendidas como alternativas ás substancias ilegais. Os Estados Membros terán un ano para introducir esta prohibición nas súas lexislacións nacionais.

Dende a Xuntanza Antiprohibicionista insistimos en que a prohibición de novas sustancias leva ao desvío destas sustancias ao mercado negro cos riscos asociados a esta situación (adulteración, descoñecemento da sustancia…) e a busca de alternativas por parte do sector da oferta dos legal highs con produtos máis descoñecidos que os que se prohiben e polo tanto potencialmente máis perigosos.

Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s