Redución de Riscos

O modelo prohibicionista fracasou. Por moitos medios que se destinen á persecución das sustancias psicoactivas e aos seus usuarios, o número de consumidores segue a aumentar.

Ben lonxe de salvagardar a Saúde Pública, as políticas prohibicionistas non fan máis que incrementar os danos asociados ao consumo de sustancias “ilegais”, por carecer estas de ningún control de calidade e por estar tanto a elaboración como a distribución en mans de grupos criminais, cos problemas sanitarios reais que isto supón: o descoñecemento total das sustancias e a adulteración.

Unha política sobre drogas realmente preocupada pola Saúde Pública debería ir encamiñada a unha diminución dos riscos asociados ao consumo, labor que veñen desenvolvendo asociacións e non as administracións ás que lle corresponde.

Ao noso entender a ferramenta máis importante para comezar a falar de diminución de riscos, é a información. Aquí actualizaremos información asociada ás principais sustancias de uso recreativo e aos seus ámbitos de consumo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s