19 de Xaneiro de 2009, gran temporal. Este ano o noso patrón tiña preparada unha gran proba de fe para os seus devotos. Pero nin a forte choiva nin o frío extremo impediu que un gran número de fieis se achegasen a Carballeira de Santa Susana a celebrar un ano máis a festividade do San Kanuto.
Baixo un improvisado toldo, que malamente sobreviviu as primeiras rachas de vento extremo que sufrimos nesta xornada, xuntámonos para degustar as viandas do xantar. Entre arranxos de toldo e librillos mollados chegou o momento de dar paso ao campionato de Petanka-nuto, no que o noso patrón atendeu ás pregarias dos alí congregados e concedeunos un descanso da forte tormenta para que puidésemos celebrar o resto da xornada con librillos secos.
O momento máis agardado polos alí reunidos, a procesión pola zona vella de Compostela, chegou da man de “Trópico de Grelos” que acompañaron as oracións coas súas músicas sacras abraiando e sacando máis de un sorriso aos veciños que vían desfilar a tan curiosa comitiva.
Despois de tan intensa actividade, chegou a merecida “Festa Rachada” para o descanso dos fieis que con moi bo ambiente e moi bos fumes despediámonos ata o próximo ano.
Podes ver a visión do San Kanuto 2009 de “La Voz de Galicia” premendo neste enlace.