Non á Prohibición

Como a XA! nace fundamentalmente contra a prohibición das sustancias psicoactivas, a información desta sección estará centrada na denuncia da actual situación de ilegalidade xa que como resultado desta veñen os verdadeiros problemas relacionados coas drogas:

descoñecemento das sustancias por parte dos consumidores o que leva a prácticas de risco asociadas ao consumo.

– a adulteración, por estar as sustancias ilegais en mans de grupos criminais e persoas co único obxectivo de beneficio máximo.

–  problemas sociais, corrupción e vulneración dos Dereitos Humanos tanto nas zonas de produción como nos lugares de distribución.

problemas medioambientais en zonas produtoras, tanto no cultivo -para o que se precisan moitas hectáreas que hai que deforestar- como no procesado -residuos químicos que son verquidos a ríos sen ningún tipo de tratamento-. Todo isto, ademais, sucede normalmente en espazos naturais inaccesibles que deberían estar protexidos. Tamén por parte dos perseguidores dos cultivos, EEUU e os seus secuaces, que co pretexto de erradicación fan fumigacións indiscriminadas con produtos tan prexudiciais como o Paracuat, que destrúen ecosistemas e acaban coa saúde dos habitantes da rexión.

Nesta sección iremos subindo textos que analizan o moderno experimento da prohibición dende a súa orixe ata as súas consecuencias.

Breve historia das anfetas

A prohibición da Marihuana

O antiprohibicionismo en 1922. A cocaína por E. Malatesta.

Manifesto San Kanuto 2015

Drogas? Si, grazas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s