Despois dalgunha celebración furtiva do San Kanuto, esta xornada lúdico-informativa foi a primeira vez no que a XA! participaba na organización dun evento público. Gracias aos compañeiros de Eladia Cultural que nos incitaron a poñernos en acción conseguimos encher a compostelana sala NASA con xente disposta a aprender, falar e pasalo ben coa marihuana como tema central.
Tanto Marcos Fernández, na súa charla sobre as sancións relacionadas coa L.O.S.C. 1/92, coma os grupos Desekilibrio Mental, Sufridos e A Compañia do Ruído na festa nocturna conseguiron que tod@s marcharamos ben led@s e con ganas de seguir a defender un cambio na política de drogas.