As IV Xornadas Antiprohibicionistas celebráronse un mes despois da morte de Albert Hofmann, o pai da LSD, polo que decidimos homenaxealo con tres días de actividades informativas que xiraron entorno a esta sustancia e á psicodelia.
O primeiro día, martes 27 de maio, a proxección do documental “Los pioneros psicodélicos” sobre os primeiros estudios con LSD en psiquiatría descubriunos, na facultade de Xeografía, Historia e Historia da Arte, unha interesante e prometedora terapia paralizada pola prohibición. A continuación na praza de Mazarelos proxectouse o musical “Hair” de Milos Forman.
O mércores, nas aulas da facultade, grazas á excepcional charla de Dudi puidemos coñecer máis sobre “Os efectos das sustancias psicoactivas no Sistema Nervioso Central” e logo proxección de “The Trip” tamén na praza de Mazarelos.
O último día foi o adicado á Festa Psicodélica que comezou no parque de Belvís coa charla de Lois e Quinha sobre a “Historia da LSD e o movemento psicodélico”, que continuou cunha merenda acompañada polos percusionistas amigos da XA e, por mor dun desaloxo policial alegando “molestias veciñais”, tivo que rematar na alameda.