III Xornadas Antiprohibicionistas: Contra a Prohibición, Información (2007)

cartel das III xornadas

No ano 2007 as xornadas foron unha semana de intensa actividade onde unha vez máis participou un gran número de persoas.

Na Facultade de Farmacia e co lema “Contra a prohibición, información“, as xornadas comezaron coa colaboración dos compañeiros de AVE María de Vigo, onde “compartiron” con nos unha das primeiras experiencias de cultivos de cannabis colectivos realizados en Galiza. O mércores foi o día do “Obradoiro de Autodefensa” contra a Lei Corcuera, coa colaboración de diferentes persoas da Universidade Popular e da asociación PreSOS. As actividades en Farmacia remataron o xoves coa proxección do documental “Jardines de Dios”.

O venres trasladamos as xornadas á Sala Nasa, empezando a tarde coa charla sobre “Drogodependencias, VIH, e Xénero”, que Marisa Fernández do Colectivo Moucho ofreceu ao público que enchía a sala. Despois dun animado coloquio e para coller forzas para os concertos, demos paso á Merendola Popular na Carballeira de San Lourenzo nun día ben soleado.

As xornadas remataron cos concertos de Marquinhos Drinkin’, Ruxe Ruxe e Os Tres Trebóns nunha Sala Nasa desbordada pola cantidade de público alí presente, que reivindicaba unha vez máis un cambio das políticas sobre drogas, máis información e menos prohibición.

III xornadas antiprohibicionistasIII Xornadas Antiprohibicionistas 001III Xornadas Antiprohibicionistas 002III Xornadas Antiprohibicionistas 003

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s