Continuando a labor de PACO (Persoas Antiprohibicionistas de Compostela) e a Casa Encantada co seu mítico San Kanuto da compostelá Praza da Quintana en 1993, dende a Xuntanza Antiprohibicionista organizamos este evento reivindicativo dende 2005 con carácter festivo e cunha axenda repleta de actividades culturais gracias aos artistas que cada ano colaboran coa festa.