LSD

COMPOSICIÓN

A Dietilamida do ácido lisérgico ou LSD-25 é sustancia de síntese obtida a partir dos alcaloides naturais que se atopan nun fungo, o Claviceps purpúrea ou cornecho do centeo. Na súa forma pura é incolora, inodora e levemente amarga.

Pode presentarse en distintas formas:
– xeralmente absorbida nun papel secante -Tripis-
– líquido
– xelatinas ou micropuntos -pequenos comprimidos-

Os tripis poden levar unha dose de LSD que vai entre os 20 e 200 microgramos -mcg-. Adoitan ter entre 20 e 80 microgramos de LSD.

Adulterantes
As mostras analizadas de tripis, os papeis secantes impregnados de LSD, indican que case
sempre teñen coma único principio activo a LSD. De xeito anecdótico atopáronse mostras
con DOB -sustancia tamén distribuída en secantes-, derivados do ergot -subprodutos da
síntese- PCP e anfetaminas.

PROPIEDADES

Os efectos da LSD sobre o Sistema Nervioso Central son moi variables e dependen de:
– A dose consumida
– O ámbito en que se use a substancia (Setting).
– A personalidade, o estado de ánimo e as expectativas do usuario (Set).

A LSD, como outros psicodélicos, actúa de “amplificador” sensorial, tanto dos estímulos
externos coma dos pensamentos e emocións xerados polo cerebro.

Algúns consumidores de LSD experimentan sensacións de euforia e risa, outros de introspección e auto-exploración. Hai algúns que viven a experiencia de xeito terrorífico, debido á intensidade dos cambios na percepción do mundo e dun mesmo, que se experimenta como incontrolables. Cando a experiencia é desagradable, adoita falarse de “mala viaxe”.

Os efectos máis destacables son os sensoriais e perceptivos -sinestesia, maior sensibilidade a estímulos sonoros e visuais, distorsións visuais e percepción alterada do tempo-, os efectos no estado de ánimo e no comportamento interpersoal -susceptibilidade emocional-, efectos cognitivos -estimulación dos procesos do pensamento- e outros efectos como sentimento de unidade co entorno e os demais.

Un efecto moi útil en terapia, segundo o que indicaba o prospecto do Delysid -LSD
comercializado por Sandoz- mentres non foi ilegal, é a “relaxación psíquica na psicoterapia analítica, e en particular nas neuroses de angustia e obsesivas”.

POSOLOXÍA

A LSD pódese administrar por vía oral -o máis frecuente- ou parenteral -inxectada-, onde os efectos séntense antes pero non teñen porque ser máis intensos.

A dose vai depender da persoa, do entorno e da experiencia que se queira obter.

A LSD é unha das substancias de uso común máis potentes, xa que é activa en doses extremadamente baixas. As doses de LSD mídense en microgramos (μg): 1gramo = 1.000.000 microgramos.

A dose activa atópase a partir dos 25 microgramos, estando a dose media en 100 mcg. e a dose alta en 250 mcg. Como xeralmente descoñeceremos a cantidade exacta é conveniente non se comer máis de 1⁄4 de tripi ata comprobar o efecto e evitar posibles sobredoses ou “malas viaxes”.

É unha substancia moi particular, polo que a mesma dose pode afectar de moi distinta
forma a segundo que persoas e hai que ter en conta que polas súas características, con
doses ínfimas pode producir grandes efectos.

CONTRAINDICACIÓNS

-Está contraindicado o seu uso en nenos, mulleres embarazadas e mulleres en período de
lactancia.
-Se se padece algún tipo de trastorno psicolóxico ou se está a pasar por un mal momento,
xa que aumenta a posibilidade dunha mala viaxe.
-Se se ha de conducir ou manexar maquinaria perigosa, ou realizar actividades perigosas.

PRECAUCIÓNS-Reducindo riscos-

A LSD é unha sustancia cun moi baixo nivel de toxicidade e nivel de adicción, pero non
está exenta de riscos:

-Aínda que tiveses boas viaxes é mellor espazalas no tempo. É a mellor forma de poder volver telas e evitar riscos ligados a un uso habitual, (angustia, depresión, insomnio…).
– O contexto pode influír decisivamente. Elixe ben o lugar (que vos sintades tranquilos), o momento (sen malos rollos na cabeza) e a compaña (é mellor facelo con xente de
confianza e mellor aínda se hai alguén experimentado). Evita consumir só. Intenta evitar improvisacións á hora de tomalo, máxime se inxeriches outras substancias ou pensas
facelo.
– Se non queres que a viaxe acabe mal, nin toques o coche.
– A experiencia con LSD non é precisamente curta, procura ter libre o día seguinte.
– Se tomas, mellor coa dixestión ben rematada, e mellor dunha comida lixeira.
– Cando penses que remataron os efectos pode ser difícil conciliar o sono. Non te sufoques por esta situación e tenta relaxarte e descansar aínda que non consigas durmir.
– Se te dá unha mala viaxe non che sufoques, terá o seu fin. Se o fas non conseguirás paralo, é mellor tranquilizarse, aceptalo e intentar darlle a volta. As malas viaxes nunca veñen soas, cando pase, analízao e saca as túas conclusións, pode ser unha lección interesante.
– Se estás con alguén con unha mala viaxe, procura que se calme, non te sufoques ti e
transmítelle tranquilidade, que intente darlle a volta e non se raie porque será peor. Se
estades nun local mellor é saír e dar un paseo ao aire libre.
-En casos moi extremos a viaxe pode anularse con algúns antipsicóticos -olanzapina,
clorpromacina-. Consulta a algún profesional sanitario.

EFECTOS SECUNDARIOS

-Durante a subida pode aparecer certa ansiedade e/ou confusión. É importante manterse tranquilo ante estas sensacións (adoitan ser pasaxeiras).
-En persoas con certa predisposición a trastornos psicolóxicos (p. ex. con antecedentes familiares) ou se se viviron experiencias traumáticas, aínda que sexa hai tempo, o consumo de LSD pode facer que se revivan de forma moi desagradable. Isto pode desencadear episodios de psicose e disociacións.
-Se se sofre unha mala viaxe, evitar rotundamente consumir máis cantidade da substancia. Ter presente que cando un tivo unha mala viaxe as posibilidades de que se repita cun novo consumo son moi elevadas.
-O consumo continuado, aínda que non é moi frecuente, pode carrexar insomnio,
depresión, angustia, ansiedade, etc.
-Posteriormente ao consumo: cansazo físico e psíquico, posible dificultade para conciliar
o sono.

INTERACCIÓNS

-Algúns antipsicóticos como a clorpromazina ou os antipsicóticos atípicos -olanzapina,
risperidona…- poden anular os efectos psicodélicos da LSD.
-As mesturas con alcohol adoitan enturbar a experiencia e convertela en máis incontrolable.
-Os estimulantes (cocaína, cafeína, anfetaminas) diminúen os efectos psicodélicos.
-A mestura con MDMA pode dar un toque máis empatóxeno á viaxe de LSD ou máis
brillante á experiencia do MDMA, pero débense de ter en conta as precaucións sobre o
consumo das dúas substancias por separado.

Conservación
É unha substancia moi sensible e degrádase doadamente en contacto coa luz, a
calor, o aire e a humidade.

Para mais info: hegoak, energy control, ai laket! e Hidalgo E.: Sabes lo que te metes?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s