Breve Historia das Anfetas

 As anfetaminas son derivados sintéticos dun alcaloide da Ephedra vulgaris, usada durante milenios polos herbarios chineses como antiasmático. A produción e comercialización da primeira anfetamina empeza en EEUU cara 1930, cando aínda está en vigor e Lei Seca, para manter espertos a pacientes sobredoseficados con hipnóticos ou sedantes. Pouco despois aparecen nas farmacias uns inhaladores recomendados para rinite, catarro común e alérxico e todo tipo de conxestións nasais. Algo máis tarde comercialízase en píldoras contra o mareo e a obesidade, para logo empregarse en clínica como antidepresivo. Suxerindo, os laboratorios, vías indirectas para chegar ao consumidor sen ofrecer abertamente os efectos eufóricos.

Tras a bencedrina aparece nas farmacias un dos seus isómeros, a dexanfetamina ou Dexedrina, e en 1938 a metanfetamina. Atendendo a súa acción sobre o ánimo, estas sustancias pertencen ao mesmo tipo de axentes que a cocaína e cafeína aos que substitúen por maior potencia. Coma unha especie de cocaína forte, estas aminas gardan co irmán menor unha relación coma a dun viño cun licor.

Coas anfetaminas, na Guerra Mundial, as tropas dispoñen de algo que enmascara a fatiga, e a fame e prolonga a vixilia. Os barcos que avituallan aos bandos en loita durante a guerra civil española son o primeiro banco de probas, pouco despois seguido por tropas paracaidistas alemáns en manobras. Militarmente o resultado considérase satisfactorio nos dous casos. Na primavera de 1941 os xornais ingleses comentaban abertamente o uso das anfetas por parte das tropas, e un chegou a compoñer a súa primeira páxina co titular: “A Metedrina gana a batalla de Londres”. A situación é análoga en Italia, e os pilotos xaponeses, especialmente os kamikazes, voan literalmente embalsamados en metanfetamina.

Xapón coa guerra case perdida aumenta a súa producción a moi altos niveis. Ao firma-la paz, os excedentes desaparecen e, en 1950, o país ten unha cifra próxima ao millón de adictos delirantes, e varios millóns máis non tan suicidas. Tras favorece-lo seu consumo, o goberno agora a mete na cadea a unha media de 60.000 persoas ao ano por tráfico ilícito. Máis da metade dos homicidios son cometidos por maníacos anfetamínicos, miles de persoas son hospitalizadas ao ano con diagnóstico de esquizofrenia furiosa por isto mesmo, e un número indeterminado contrae lesións cerebrais permanentes. A maioría de usuarios inxectaban o produto: un 89 por 100 estaba entre os 19 e 29 anos, correspondendo ao grupo de idade neno ou adolescente durante a guerra.

Ademais as anfetaminas inauguraron o doping.  Un dos máis coñecidos casos, foi o do ciclista inglés T. Simpson, campión do mundo que morreu mentres trataba de ascender un porto coa axuda de Maxiton, unha metaanfetamina.

Pola natureza dos seus efectos, estas sustancias estaban destinadas a usarse como antidepresivos e como fármacos de apoio para un rendemento no traballo. Pero desde 1945 o seu prestixio é tal que a psiquiatría comeza a utilizalas por vía intravenosa no tratamento da depresión e a histeria, xeneralizándose a técnica do chamado shock anfetamínico. Xa de aquelas hai indicios, logo confirmados, de que a administración a altas doses pode provocar lesións neuronais irreversibles.

Ao mesmo tempo, descúbrese que estas drogas aumentan o coeficiente de intelixencia -medido por test- nunha proporción de oito puntos, segundo as probas psicométricas simples.

En certas cidades inglesas investigadas o 85 por 100 dos usuarios son amas de casa, aínda que noutras áreas o público abarcaba tamén executivos, homes maiores e adolescentes. Isto último, que empezou como moda en Londres e San Francisco contra 1960, suscitou escándalo e curiosas polémicas. Por aqueles anos, cando se iniciaba unha liberalización das relacións sexuais, os adolescentes reuníanse usando como vehículo de ebriedade anfetas en lugar de alcol. A alarma creada polo uso dos novos fai que a mediados da década empecen a tomarse medidas restritivas, entre as que destaca pola súa severidade a Drugs Act americana de 1964, centrada especificamente sobre anfetaminas e combinacións de anfetaminas e barbitúricos. O único país que non toma medidas é España, onde ás farmacias acoden de toda Europa persoas que compran cartóns de caixas de anfetaminas, barbitúricos e outros tranquilizantes ou hipnóticos.

Aínda que non se inclúen ao grupo de “estupefacientes” nin se inclúen en ningunha regulamentación internacional, as medidas restritivas producen un importante mercado negro e endurecemento do uso, que comeza a multiplicar as mortes por sobredose, e os casos de trastorno mental pasaxeiro ou permanente. En Suecia, por exemplo, un dos “adiantados” nesta política represiva, preséntase unha situación que garda certo parecido coa xaponesa. Tras ter, durante os anos 50, a rúa e a prensa chea de anuncios como “dous comprimidos son máis eficaces que un mes de vacacións”, as autoridades descobren que unhas 100.000 persoas, sobre todo mozos inxéctanse diariamente, cando o país ten apenas 6 millóns de habitantes.

Nos EEUU, tras algúns anos de uso de fins de semana, coa ilegalización rigorosa -penas de perpetuidade para os traficantes a partir de 1964- aparece o chamado speed-junkie, que acostuma ser un demente paranoico e ten unha esperanza de vida moi inferior aos junkies de opiáceos. Por outra parte, un grande número de estadounidenses seguen a consumir estes fármacos como artigos respetables de farmacia, que os psiquiatras e outros médicos dispensan aínda con liberalidade.

Mentres no mundo occidental prodúcense estas reaccións, tras décadas de difusión masiva e oferta de anfetaminas coma remedios inocuos, España está a renovar a súa industria farmacéutica cos superdividendos que lle produce ser o único comercializador sen trabas a nivel interno.

En 1955 un corresponsal de prensa española en París comentaba a brusca oscilación no consumo de anfetaminas, que en xuño, época de exames, vendíanse 100.000 envases e en agosto nin a décima parte. A cifra de estudantes que usaran anfetamina algunha vez era bastante elevada -66 por 100-, en términos relativos tan alta coma xaponesa ou a sueca, e sen embargo un 94 por 100 dos usuarios eran totalmente moderados e ocasionais. Ademáis dos exames, aumentaban bruscamente a taxa de ventas nas farmacias certas celebracións coma os Sanfermines. O caso, indiscutible, é que nunca houbo en España speed-junkies, nin a masiva administración intravenosa destas drogas. En 1979 as boticas españolas venderon máis de 6 millóns de envases (uns 130.000.000 de pastillas), esta cantidade permitiría soster a 100.000 adictos intravenosos.

Nin antes, nin entón nin logo producírase cousa similar, indicando o que acontece cunha droga moi activa cando coinciden as circunstancias de non recibir estigma, atoparse pura e barata e non ser obxecto de promoción propagandística por parte de fabricantes. Para entender o fenómeno parece oportuno contar tamén coa permisibilidade mostrada polos maiores ante o consumo dos adolescentes, o que evitou o glamour do prohibido na época rebelde da mocidade. Pode dicirse que a maioría dos adultos españois coñecían bastante ben estes fármacos, e que unha ínfima minoría abusaban deles por motivos persoais. De ahí que o mercado negro practicamente non existira, en claro contraste con outros países menos permisivos.

Extraído de: Escotado,A.: Historia general de las drogas, vol 2. 7ª edición. Madrid 1998

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s