A Xuntanza Antiprohibicionista somos un colectivo de persoas que reivindicamos un cambio na lexislación sobre drogas cara a unha política de drogas baseada na información e saúde, e non na persecución e represión do consumidor como acontece actualmente.
Traballamos dende o 2004 denunciando a actual situación legal da maior parte das sustancias psicoactivas, proporcionando asesoramento a persoas sancionadas por esta lexislación, difundindo información sobre redución de riscos asociados ao consumo e organizando actividades para facer visible o movemento antiprohibicionista en Compostela para acabar cos mitos e estigmas do “consumo de drogas”.