Durante unha semana conseguimos converter a Facultade de Farmacia de Compostela nun lugar de intercambio de coñecementos sobre as sustancias psicoactivas dende unha perspectiva alternativa á oficial gracias as II Xornadas Antiprohibicionistas.
Nesta ocasión ademais das proxeccións de documentais, participamos nun seminario sobre drogas de síntese a cargo de Eugenio Uriarte profesor de Química Farmacéutica da USC, nun Obradoiro de Autodefensa ante a Lei Corcuera dirixido por Fran del Buey do colectivo PreS.O.S., e na conferencia sobre os efectos do cannabis no sistema nervioso ofrecida pola Psiquiatra Isabel Solazán.
Con estas xornadas e a gran presenza de público durante 3 días na Aula Magna desta facultade demostramos unha vez máis que a xente está farta da hipocrisía informativa dos organismos oficiais e a necesidade dunha información veraz sobre drogas.