Author Archives: Xuntanza Antiprohibicionista
A XA! participará na Feira das MilFlores 2019
O vindeiro sábado 18 de maio terá lugar o II Encontro Cannábico Galego a “Feira das MilFlores“. Durante a xornada haberá conferencias, exposicións, obradoiros, Dabstation, concertos, Soundsystem, stands e sorteos. Ademáis a novidade principal deste ano será a cerimonia … Seguir lendo
Crónica San Kanuto 2019
Neste 19 de xaneiro de 2019 cúmprense 15 anos de celebración ininterrompida do San Kanuto organizado pola Xuntanza Antiprohibicionista en Compostela, continuando así a tradición inaugurada pola xente da Casa Encantada e a xente de PACO (Persoas Antiprohibicionistas de Compostela) … Seguir lendo
San Kanuto 2019 en Compostela
O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019 volveremos celebrar o San Kanuto en Compostela. Este ano comezamos ás 12:30h no CSA do Sar coas Conversas Antiprohibicionistas onde nos acompañarán: Nacho Rivero (Durru), fundador de asociacións pioneiras galegas coma AVE … Seguir lendo
A CONFAC apoia a Manifestación Antiprohibicionista do 19 de Xaneiro en Compostela
Dende a CONFAC (Confederación de Federaciones y Asociaciones Cannábicas) comunícannos que por unanimidade na súa última asemblea decidiron unirse e participar na Manifestación Antiprohibicionista: Non á Prohibición. Outra política de drogas é necesaria, que se celebrará o vindeiro 19 de … Seguir lendo
Manifestación: Non á Prohibición. Outra política de drogas é necesaria
A Prohibición fracasou. Lonxe de acadar o seu obxectivo dun mundo libre de drogas, o que conseguiu foi a maior dispoñibilidade histórica de sustancias psicoactivas. A isto temos que sumarlle a aparición de xigantescos grupos criminais financiados polos beneficios do … Seguir lendo
Drogas Ceibes, Paz Garantida
As políticas de drogas a nivel mundial semella que comezan a mudar. Despois da grande cantidade de recursos adicados á guerra contra as drogas e do evidente fracaso da mesma, en moitos lugares estase a considerar un cambio de rumbo. … Seguir lendo
Máis fotos do San Kanuto 2018
Ramón Souto de Cultiva una Idea achéganos estas fotos para que compartamos con vos. Moitas gracias!!
Crónica do San Kanuto 2018 en Compostela
Un ano máis antiprohibicionistas de distintas partes da xeografía galega xuntámonos no compostelán CSA do Sar para celebrar este San Kanuto 2018. Con grande afluencia e grandes risas a xornada comezou ás 16:00h co espectáculo de circo Grow-Cabaré desfrutando do humor … Seguir lendo
San Canuto 2018 en Vigo
As compañeiras de Vigo tamén convocan o San Canuto 2018, que parte da Praza da Constitución ás 19:00h este venres 19 de xaneiro. Saúdos!!
San Kanuto 2018
Este venres 19 de xaneiro celebraremos o San Kanuto 2018 en Compostela. A que xa se converteu nunha das importantes citas antiprohibicionistas do país volve cargada de actividades, festa e sobre todo reivindicacións ao CSA de Sar. O programa deste … Seguir lendo