cannabis

COMPOSICIÓN 
A planta Cannabis Sativa  contén distintos principios activos, fundamentalmente delta-9-tetrahidrocanabinol (delta-9-THC: tamén denominado dronabinol), e en menor cantidade ácido delta-9-THC, delta-8-THC, cannabidiol e cannabinol.

O cannabis pode presentarse de distintas formas:

Marihuana– flores femininas secas da cannabis. Moitas veces acompañadas de outros partes da planta (follas, tallos, sementes…) con escasa ou nula concentración de THC.

Haxix– pasta feita coa resina prensada que segregan as flores femininas do cánabo. Ten unha cor café intenso e xeralmente preséntase comprimida en forma de pequenos bloques ou bolas.

Aceite– Pode presentarse en forma de  resina de cor escura ou como un líquido moi fluído de cor ambarina.
En España a composición é descoñecida xa que a sustancia conséguese a partir de fontes ilegais e sen control do produto.

A resina (haxix, chocolate), debería ter unha maior concentración de principios activos.

Adulterantes:

A resina pode conter goma arábiga, xena, leite condensada, clara de ovo, restos de plantas, cinzas, cera, parafina, aceites e sustancias similares.

O aceite de haxix pode conter outro tipo de aceites comestibles.

A marihuana é en términos xerais a droga menos exposta a sufrir adulteracións. Aínda así, por culpa de intentos de erradicacións de cultivos, sobre todo en latinoamérica con medios estadounidenses, fumíganse as plantas con herbicidas tóxicos como o Paracuat® que son corrosivos para o esófago e chegan a producir fibrose, unha forma severa de dano no pulmón.

PROPIEDADES

O THC pódese administrar mediante infusión, inhalación e inxestión fundamentalmente.

O máis habitual é fumalo, polo que os seus efectos experiméntanse rapidamente, os principios activos da cannabis van directamente os pulmóns, e a súa absorción é mais rápida. O efecto máximo na inhalación prodúcese ós 15 minutos, e a duración é de 2-3 horas.
No caso das infusións , debe engadirse aceite, manteiga ou leite enteira ó auga, porque os cannabinoides son liposolubles (solubles en aceite) e non se solubilizan en auga. Os efectos notaranse aos 30-90 minutos, o efecto máximo notarase as 2-3 horas e pode durar ata 8 horas despois da administración.

Os efectos principais son o sentimento de relaxación, risa incontrolable, aumento da apreciación sensitiva, redución das náuseas e do dolor, diminución da percepción de fatiga muscular e aumento da creatividade. Tamén rexístrase aumento do apetito, lentitude xeral, ollos vermellos, sequidade da boca e dificultade para pensar con claridade e para seguir a conversa.

POSOLOXÍA  

A dose depende de cada persoa e do seu nivel de tolerancia a sustancia, a máis consumo maior tolerancia, polo que a dose aumenta. Tamén inflúen o estado físico e a propia sustancia.

Aínda así calcúlanse a dose baixa entre 500 e 1000 mg, a dose media entre 3000 e 4000 mg. En humanos son poucos os casos rexistrados como morte por sobredose de cannabis, e examinando os datos compróbase que as mortes debéronse á aspiración do vómito, polo que non se poden atribuír  directamente á cannabis.

Cando se consume por primeira vez é recomendable consumir aos poucos, e ir decidindo sobre os efectos. Fumar é a maneira máis doada de ir controlando os efectos, calada a calada.

CONTRAINDICACIÓNS

As probabilidades dunha reacción adversa grave poden ser máis probables en persoas con trastornos psicóticos, problemas psicolóxicos, problemas de corazón: arritmias cardíacas, insuficiencia coronaria ou pacientes que tiveran algunha anxina de peito ou infarto, nenos, mulleres embarazadas ou mulleres en período de lactancia, diabetes,  hipertensión e epilepsia.
Contraindicado en persoas que teñan que utilizar maquinaria ou teñan que conducir. Neste caso recoméndase que se a cannabis se  fumou, esperar como mínimo dous horas antes de conducir. E se inxeriu, esperar polo menos 4 horas.

Tamén debe controlar o consumo se está a recibir calquera tipo de medicación.

PRECAUCIÓNS

Pode producirse en grandes consumidores unha habituación psicolóxica que faga difícil deixalo, aínda que non se teñen descritos síndromes físicos da abstinencia ao deixar de consumir cannabis.

A posesión e o consumo en lugares públicos están sancionados pola lei.

A máis consumo, máis tolerancia o THC, polo que hai que aumentar a dose para o mesmo efecto, e ao aumentar a dose, aumenta os riscos.

Os problemas máis frecuentes de fumar cannabis son os relacionados co  fume. Como na combustión de tódalas sustancias vexetais, prodúcese alcatrán que ao fumalo pode depositarse no noso aparato respiratorio podendo dar lugar a numerosas complicacións respiratorias. Para reducir estes problemas hai no mercado un gran número de dispositivos coma poden ser os vaporizadores, enfriadores, e filtros en xeral.

A moita xente pode provocarlle ansiedade e outros problemas psicolóxicos o feito de fumar demasiado, e moitas veces, por  ter que compaxinalo coa actividade cotiá. Cando empeces a raiarte mellor deixalo unha temporada, ou para tratar evitalo, reserva en medida do posible o consumo para ocasións especiais e sen obrigas.

EFECTOS SECUNDARIOS

Se teñen descrito complicacións respiratorias tras un consumo continuado de cannabis. Poden aparecer doenzas como bronquite, farinxite, doenza pulmonar obstrutiva crónica ou cancro de pulmón.

O cannabis parece que pode empeorar alteracións psicolóxicas, especialmente en persoas psicóticas.

O consumo diario pode afectar a memoria e a capacidade de concentración e de reacción.
Téñense constatado casos con manifestacións de intranquilidade e insomnio.
A percepción cambiada pode levar a sensacións de medo, pánico e confusión. En consumidores que non se atopan ben pode supor unha reacción negativa peor.

Pode producir taquicardias, hipotensión ortostática (cando se está de pé), dor de cabeza, frío e calor o mesmo tempo nos pes e nas mans, ollos vermellos, músculos adormecidos, boca seca…
Os efectos secundarios psicolóxicos que se poden experimentar dependen da calidade do cannabis, a forma do seu uso, a experiencia do usuario e o estado de ánimo no momento do consumo.
Desaconséllase o seu uso durante o embarazo e a lactancia porque o cannabinol pode chegar o feto e tamén excretarse pola leite materna, aínda que non está demostrado o seu poder teratóxeno.

Posibilidade de abstinencia psicolóxica o deixar bruscamente o consumo. Este síndrome caracterízase por irritabilidade, nerviosismo, trastornos do sono, hiperhidrose (secreción de suor esaxerada) e anorexia.

 INTERACCIÓNS 

Antidepresivos inhibidores selectivos da recaptación de serotonina:O THC pode aumentar o efecto da fluoxetina.

Antidepresivos tricíclicos: O THC pode aumentar os efectos secundarios da amitriptilina, que serían taquicardia, hipertensión e sedación.

Antiinflamatorios non esteroideos: A indometacina e o ácido acetilsalicílico reducen os efectos do THC.

Barbitúricos: Aumentan os efectos depresivos do THC e tamén aumentan a taquicardia que provoca o consumo de THC.

Benzodiazepinas: Poden aumentar a depresión do sistema nervioso e do sistema respiratorio.

Beta-bloqueantes: Reducen a taquicardia asociada o THC.

Etanol (alcol): Pode aumentar o deterioro do sistema nervioso. Tamén aumenta a posibilidade de padecer lipotimias ou vómitos.

Opiáceos: Aumentan a sedación e a analxesia.

Teofilina: Os cannabinoides aumentan o catabolismo da teofilina. Polo tanto será necesario aumenta-la dose.

Anticolinérxicos: A atropina e a escopolamina poden aumentar a taquicardia producida polo THC.

Disulfiramo: O THC interacciona có disulfiramo, producindo unha reacción moi desagradable para o consumidor. Evitar a asociación das dúas sustancias.

Alucinóxenos: potencia os efectos

INTOXICACIÓN

Aínda que a intoxicación por cannabis non é frecuente, si poden aparecer determinados problemas fundamentalmente de carácter psicolóxico, principalmente ataques de pánico.

Ante esta situación recoméndase colocala persoa en lugar tranquilo, non deixala soa en ningún momento e, mediante frases tranquilizadoras, lograr que pouco a pouco vaia recuperando a normalidade. Acostuma ser útil recordarlle que pronto pasarán os síntomas e que non debe preocuparse.

Un consumo elevado de cannabis, as primeiras veces, consumilo co estómago baleiro ou misturalo con alcol pode provocar baixadas de tensión, mareos e vómitos. Nese momento pode ser necesario deitarse, coas pernas levantadas e a cabeza inclinada cara un lado por se se vomita. Unha vez recuperad@ pode ser útil tomar algo de azucre.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s