San Kanuto 2006

cartaz sankanuto 2006     O San Kanuto 2006 comezou co “Último Xantar” antes da queima de San Kanuto, na Carballeira de Santa Susana. As queimas de sankanutos sucedéronse durante toda a xornada, incluso antes do xantar, demostrando @s fieis unha gran devoción.

Logo do obrigado descanso, os Xogos en honra a San Kanuto fixeron da tarde unha competición entre @s fieis para demostrar mediante a petanca e a estornela quen merecía máis os favores do santo e as camisetas que se sorteaban. Tamén as malabaristas fixeron penitencia deleitándonos cos seus espectáculos.

Ben pasadas as sete e media da tarde, comezou a Procesión Pagá que achegou a fieis e curiosos para ver as gaitas e pandeiretas da cofradía e os costo-leiros que cargaban co santo.

A romaría nocturna foi o momento de máximo éxtase gracias a música de “O rincón de Morgan” e “Os churraskinhos de Melide”, poñendo así fin a esta reivindicativa xornada antiprohibicionista pola normalización e contra a estigmatización do uso do cannabis.

foto dia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s