V Xornadas Antiprohibicionistas: Stop Hipocrisía (2009)

Stop Hipocrisía” foi a reivindicación escollida nas V Xornadas Antiprohibicionistas celebradas en maio de 2009.

Por mor da choiva foi imposible realizar as actividades na Praza de Mazarelos onde estaban previstas, pero no Nido do Cuco abríronnos as portas para que puidésemos xuntarnos un ano máis e poder aprender máis sobre as sustancias psicoactivas.

Os xornadas comezaron coas proxeccións dos documentais “Narcos. La ruta de la impunidad” producido por Kale Gorria que pódese ver pinchando aquí, e “The war on drugs” de Sebastian J.F..

O segundo día contamos coa presencia de Beni, forero e activista de Cannabis Café, para que nos falara en primeira persoa sobre “O caso Bluebeni” no que foi detido pola garda civil pola publicación dunhas fotos do seu autocultivo nunha revista especializada.

O venres o compañeiro Chape ofreceunos a súa charla sobre os “Estados alterados de consciencia en sociedades chamánicas” que espertou no público un grande interese e propiciou un dinámico coloquio co que puxemos fin as estas xornadas onde puidemos ver a hipocrisía dun sistema prohibicionista que persegue cultivos de autoconsumo e permite o lucro de narcotraficantes e corruptos institucionais.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s