A XA! participará na Feira das MilFlores 2019

 

45783256_540265796399879_4040176521602662400_n

O vindeiro sábado 18 de maio terá lugar o II Encontro Cannábico Galego a “Feira das MilFlores“.

Durante a xornada haberá conferencias, exposicións, obradoiros, Dabstation, concertos, Soundsystem, stands e sorteos. Ademáis a novidade principal deste ano será a cerimonia de entrega de premios da I Copa Cannábica das Milflores.

A Xuntanza Antiprohibicionista participará as 13:00h coa charla “Prohibición: Historia dun fracaso e alternativas” no que analizaremos en profundidade a Prohibición dende a súa orixe ata a actualidade.

Podedes consultar a continuación o programa de tódalas actividades:

58542816_627071871052604_3726821243899346944_n

 

 

Publicado en Convocatorias, Novas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Crónica San Kanuto 2019

sanka 2019-1

Neste 19 de xaneiro de 2019 cúmprense 15 anos de celebración ininterrompida do San Kanuto organizado pola Xuntanza Antiprohibicionista en Compostela, continuando así a tradición inaugurada pola xente da Casa Encantada e a xente de PACO (Persoas Antiprohibicionistas de Compostela) no ano 1993.

A pesar de ser unha xornada de moita choiva, dende ben cedo antiprohibicionistas chegados de todo o país xuntámonos no CSA do Sar para comezar a xornada coas Conversas Antiprohibicionistas, dirixidas por Nacho Rivero, dende a perspectiva máis histórica do movemento antiprohibicionista, e por Javier Puig (presidente da CONFAC) sobre a actualidade do asociacionismo cannábico. Mostra do interese destas conversas foron os diferentes debates que xurdiron e a gran participación das persoas que asistiron.

Co final dos debates comezou a parte máis festiva da celebración, a Sesión Vermú ao ritmo dos sons xamaicanos da man de MáisLume Kolektive poñendo a bailar a toda a militancia antiprohibicionista.

Co riquísimo Xantar Popular recuperamos as forzas necesarias para poder aguantar o que aínda nos esperaba para esta xornada coas catas ofrecidas por MeloilExtracts ou a presentación da Copa Cannábica Galega: a Feira das Milflores.

Pola cantidade de auga que caía no momento que tiña que empezar a Rúada este ano tivemos que suspender a nosa particular procesión. Pero isto non impediu que poidesemos desfrutar da batucada do Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos gracias á poderosa carpa instalada na zona exterior do CSA do Sar.

E así rematamos esta xornada de festa e reivindicación que este ano quixemos adicar á memoria do noso compañeiro o gran Manu Lago quen achegara o circo e o cabaret ao San Kanuto picheleiro durante estes últimos anos e que sempre estará no corazón da Xuntanza Antiprohibicionista e desta celebración.

San Kanuto segundo os medios:

https://play.cadenaser.com/audio/008RD010000000287132/

https://www.cannabis.es/web/features/articulos/856-otro-ano-otro-san-kanuto?fbclid=IwAR1E6wwti-TyyS7vIKl7271h7nG2EVom97CrrMaiZlVe-m77zISIgjK0DmM Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

San Kanuto 2019 en Compostela

O vindeiro sábado 19 de xaneiro de 2019 volveremos celebrar o San Kanuto en Compostela. Este ano comezamos ás 12:30h no CSA do Sar coas Conversas Antiprohibicionistas onde nos acompañarán:

Nacho Rivero (Durru), fundador de asociacións pioneiras galegas coma AVE María ou o Clube de Consumidores de Cánabo do Condado, ademáis de ter presidido a AICC (asociación que xestiona o foro cannabiscafe.net), repasará dende a súa visión en primeira persoa a historia máis recente das nosas reivindicacións

Javier Puig actual presidente da CONFAC (Confederación de Asocicaciones Cannábicas) ademáis de presidente do club Casa María con sede en Pontevedra analizará a máis inmediata actualidade do asociacionismo cannábico ibérico.

Ao remate das conversas, sobre as 14:30h, comeza a festa en formato Sesión Vermú a cargo de MáisLume Kolektive, colectivo nado en Compostela coa finalidade de difundir a cultura SoundSystem e outros xéneros musicais orixinarios de Xamaica. A partir desta hora tamén haberá Xantar a prezos populares.

Ás 17:30h o Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos acompañará a ritmo de Batucada a tradicional saída do San Kanuto sobre os muros do CSA do Sar e seguiremos de Ruada cara a…

MANIFESTACIÓN: NON Á PROHIBICIÓN. OUTRA POLÍTICA DE DROGAS É NECESARIA

que partirá ás 18:30h da Praza de Galicia con itinerario por Compostela enchendo ás rúas de festa e reivindicación antiprohibicionista.

 

 

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , , , , , | Deixar un comentario

A CONFAC apoia a Manifestación Antiprohibicionista do 19 de Xaneiro en Compostela

thumbnail_CONFAC-fullDende a CONFAC (Confederación de Federaciones y Asociaciones Cannábicas) comunícannos que por unanimidade na súa última asemblea decidiron unirse e participar na Manifestación Antiprohibicionista: Non á Prohibición. Outra política de drogas é necesaria, que se celebrará o vindeiro 19 de Xaneiro en Compostela.

Do mesmo xeito tamén únense ao manifesto:

A Prohibición fracasou. Lonxe de acadar o seu obxectivo dun mundo libre de drogas, o que conseguiu foi a maior dispoñibilidade histórica de sustancias psicoactivas.

A isto temos que sumarlle a aparición de xigantescos grupos criminais financiados polos beneficios do tráfico de drogas. Beneficios que xeran violencia, corrupción e morte: Máis de 70 asasinatos ao día en México en 2017.

A guerra contra ás drogas tamén supuxo un recorte de liberdades individuais e colectivas a nivel global. Ademais, por basearse na persecución e represión en lugar de saúde e educación, apareceron os verdadeiros problemas de Saúde Pública: VIH, sobredoses, adulteracións…

Todo parece indicar que a Prohibición está chegando ao seu fin. Cada vez máis estados están a regular o cannabis e afastando aos seus consumidores do mercado negro: Canadá, Uruguai, California…Manifa 2019-1

Aplaudimos calquera avance en materia de drogas. Pero pola súa inocuidade e a facilidade de auto-abastecemento posiblemente o cannabis sexa a sustancia ilegal que menos problemas causa. Os danos da Prohibición so rematarán cando lle demos a volta ao prohibicionismo na súa totalidade. Non pode haber ningunha droga prohibida. Canto máis perigosa sexa unha sustancia antes debería afastarse do mercado negro.

Por todo isto esiximos un cambio inmediato nas políticas de drogas e o fin da Prohibición na súa totalidade.

Non á Prohibición!

ManiFESTAción: Sábado 19 de xaneiro 2019 -18:30h- Praza Galicia -Compostela.

Dende a Xuntanza Antiprohibicionista agradecemos este importante apoio e animamos a persoas e colectivos a unirse e participar.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Manifestación: Non á Prohibición. Outra política de drogas é necesaria

Manifa 2019-1

A Prohibición fracasou. Lonxe de acadar o seu obxectivo dun mundo libre de drogas, o que conseguiu foi a maior dispoñibilidade histórica de sustancias psicoactivas.

A isto temos que sumarlle a aparición de xigantescos grupos criminais financiados polos beneficios do tráfico de drogas. Beneficios que xeran violencia, corrupción e morte: Máis de 70 asasinatos ao día en México en 2017.

A guerra contra ás drogas tamén supuxo un recorte de liberdades individuais e colectivas a nivel global. Ademais, por basearse na persecución e represión en lugar de saúde e educación, apareceron os verdadeiros problemas de Saúde Pública: VIH, sobredoses, adulteracións…

Todo parece indicar que a Prohibición está chegando ao seu fin. Cada vez máis estados están a regular o cannabis e afastando aos seus consumidores do mercado negro: Canadá, Uruguai, California…

Aplaudimos calquera avance en materia de drogas. Pero pola súa inocuidade e a facilidade de auto-abastecemento posiblemente o cannabis sexa a sustancia ilegal que menos problemas causa. Os danos da Prohibición so rematarán cando lle demos a volta ao prohibicionismo na súa totalidade. Non pode haber ningunha droga prohibida. Canto máis perigosa sexa unha sustancia antes debería afastarse do mercado negro.

Por todo isto esiximos un cambio inmediato nas políticas de drogas e o fin da Prohibición na súa totalidade.

Non á Prohibición!

ManiFESTAción: Sábado 19 de xaneiro 2019 -18:30h- Praza Galicia -Compostela

manifesto 2019 maq

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , , , , , , , | Deixar un comentario

Drogas Ceibes, Paz Garantida

antiprohibicionista2

As políticas de drogas a nivel mundial semella que comezan a mudar. Despois da grande cantidade de recursos adicados á guerra contra as drogas e do evidente fracaso da mesma, en moitos lugares estase a considerar un cambio de rumbo.

Cada vez son máis os estados en Europa e América que despenalizan os consumos e cada vez máis os que regulan a produción e distribución do cannabis. Tamén no Estado Español políticos de diferentes partidos con representación parlamentaria falan publicamente da regulación do cannabis.

Damos a benvida ás iniciativas lexisladoras que autorizan o consumo recreativo do cannabis e así miles de consumidores e consumidoras non teñan que acudir ao mercado negro financiando así ás organizacións criminais que se enriquecen gracias á Prohibición, pero… é este o camiño a seguir?

Cando escoitamos os argumentos de políticos, de diferentes ideoloxías, a favor dunha regulación do cannabis, basicamente o discurso céntrase na inocuidade da sustancia e no aspecto económico: os ingresos fiscais e os recursos adicados á persecución. Son razóns válidas, pero… realmente son estes os maiores problemas da Prohibición?

Dende o noso punto de vista o debate debería centrarse fundamentalmente na liberdade e nos problemas sociais e sanitarios que o prohibicionismo xerou nesta guerra. Porque se importante é o gasto nunha guerra que non se pode gañar, e importantes os fondos que se poderían recadar e destinar a sanidade e educación, moito máis importantes son os 25.000 asasinatos no ano 2017 en México relacionados coas organizacións criminais que dominan rexións enteiras gracias aos grandes ingresos que lles aporta a cocaína. Tamén a escravitude, a violencia ou mesmo a destrución do medio que provocan estes grupos deberían ser o centro do debate.

E se ao que atendemos é a criterios sanitarios, xa que é un problema de Saúde Pública, de regular algunha sustancia deberíamos comezar polas máis perigosas e as que maiores problemas sanitarios ocasionan.

Cando o antiprohibicionismo no Estado deu un paso adiante unindo forzas e deixando diferencias aparte, en maio do 2002 na Cannabis Parade en Tarifa, adoptando o antiprohibicionismo coma filosofía e o activismo cannábico como estratexia, como nos explica o impulsor desta proposta Nacho Rivero Madriñán, conseguimos en moi pouco tempo os resultados. Os clubs de consumidores de cannabis xa son unha realidade e o debate xa está presente nos medios e, o que parecía máis difícil, na axenda política.

Conseguida a estratexia inicial, chegou a hora que dende o movemento antiprohibicionista reivindiquemos o fin da Prohibición na súa totalidade, non dunha ou doutra sustancia, xa que os problemas que xerou esta guerra non rematan coa regulación da sustancia ilegal que menos problemas provoca, senón que rematarán cando remate esta guerra.

Publicado en Novas | Deixar un comentario

Máis fotos do San Kanuto 2018

Ramón Souto de Cultiva una Idea achéganos estas fotos para que compartamos con vos.

Moitas gracias!!

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , , | 1 comentario

Crónica do San Kanuto 2018 en Compostela

sank2018-1

Un ano máis antiprohibicionistas de distintas partes da xeografía galega xuntámonos no compostelán CSA do Sar para celebrar este San Kanuto 2018.

Con grande afluencia e grandes risas a xornada comezou ás 16:00h co espectáculo de circo Grow-Cabaré desfrutando do humor fumeta e das diferentes disciplinas circenses coas que os artistas abraiaron ao público.

A continuación comezaron os obradoiros. Primeiro aprendemos como facer correctamente, con seguridade e maximizando os resultados unha extracción de BHO gracias as explicacións e a demostración da xente de MeloilExtracts, con cata incluída.

Despois Suso do CSC Uiken impartiu o obradoiro de cremas elaboradas con CBD como principio activo na que o numeroso público presente puido aprender tódolos detalles da elaboración ademais de levar unha mostra da crema de CBD.

Rematados os obradoiros comezou a festa da man de MáisLume Kolektive coas músicas da cultura Soundsystem e Xamaicana poñendo a bailar a toda a xente que xa abarrotaba o recinto.

E como non podía ser doutro xeito, esta xornada lúdico-reivindicativa rematou coa maniFESTAción que percorreu  e animou as rúas de Compostela ao ritmo da percusión do Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos acompañando á imaxe do San Kanuto nesta particular procesión.

 

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , , , , , , , | Deixar un comentario

San Canuto 2018 en Vigo

IMG-20180118-WA0000

As compañeiras de Vigo tamén convocan o San Canuto 2018, que parte da Praza da Constitución ás 19:00h este venres 19 de xaneiro.

Saúdos!!

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , | Deixar un comentario

San Kanuto 2018

sank2018-1

Este venres 19 de xaneiro celebraremos o San Kanuto 2018 en Compostela.

A que xa se converteu nunha das importantes citas antiprohibicionistas do país volve cargada de actividades, festa e sobre todo reivindicacións ao CSA de Sar.

O programa deste ano:

16:00 h – Grow-Cabaré: espectáculo de humor e circo coas novas formas de consumos coma fío condutor.

17:00 h – Obradoiro de cremas de CBD: Suso do CSC Uiken impartirá este obradoiro no que se explicará o proceso de elaboración de cremas con CBD coma principio activo.

17:30 h – Obradoiro de extracción: A xente de MeloilExtracts farán unha demostración de extracción.

18:30 h – Chocolatada Dub con MaisLume Kolektive: A clásica chocolatada do San Kanuto para afrontar o frío e para recuperar forzas para a mani, acompañada dos sons da cultura SoundSystem de MaisLume Kolektive

20:15 h – ManiFESTAción: Acompañados do Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos percorreremos as rúas de Compostela coa nosa particular procesión.

O manifesto deste ano:manifesto san kanuto 2018

Esperámosvos este Venres 19 de Xaneiro no CSA do Sar en Compostela!!!

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario