Category Archives: vídeos e audios

San Kanuto 2014 na radio

Xa se pode escoitar a entrevista dun activista da Xuntanza Antiprohibicionista sobre este San Kanuto 2014 no programa Arredor de Nós de Radiofusión. Podedes escoitala premendo neste enlace: http://173.255.131.23/audio/170114LOIS.mp3 Ata mañán!  

Publicado en A XA! nos medios, vídeos e audios | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

[Documental] Rompendo o Tabú

Breaking the Taboo é unha película documental de 2011 sobre a guerra contra as drogas. A película narra a historia da guerra contra as drogas, a partir da Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes. Breaking the Taboo explora a conclusión … Seguir lendo

Publicado en vídeos e audios | Etiquetado , , | 1 comentario

Entrevista a Albert Hofmann en TVE (1989)

Entrevista a Albert Hofmann, o descubridor da LSD,  no programa “El Mundo por Montera” dirixido por Sanchez Dragó emitido en 1989 en TVE.

Publicado en vídeos e audios | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

[Documental] A Unión: O negocio por tras do colocón

The Union: The business behind getting high -2007- é un documental do cineasta canadense Brett Harvey. A Unión: O negocio por tras do colocón explora o crecemento da venda e tráfico ilegal da marihuana en EEUU e Canadá. A película … Seguir lendo

Publicado en vídeos e audios | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Programa Carne Cruda de Radio 3 sobre a legalización

A guerra contra a droga mata máis que o seu consumo, así arranca “La Solución”, o libro escrito por Araceli-Manjón Cabeza, penalista, ex maxistrada da Audiencia Nacional, que tamén foi a número dous de Baltasar Garzón no Plan Nacional Sobre … Seguir lendo

Publicado en vídeos e audios | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Xa se pode escoitar o Pinchacarneiro de Radio FilispiM sobre as xornadas

Xa está dispoñible o programa 15 do Pinchacarneiro de Asfedro -Asociación Ferrolana de Drogodependencias- que se emitiu o mércores 9 de maio de 2012 en Radio FilispiM. Neste programa unha socia da XA foi entrevistada sobre as VI Xornadas Antiprohibicionistas. … Seguir lendo

Publicado en A XA! nos medios, vídeos e audios | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Resumo da XA! na Marcha Mundial da Marihuana 2012 en Vigo

O pasado sábado 5 de maio en Vigo a asociación AVE María conseguiu reunir un ano máis na Marcha Mundial da Marihuana a un bo número de persoas chegadas de distintos puntos do país dispostas a plantarlle cara á prohibición. … Seguir lendo

Publicado en Novas, vídeos e audios | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario

[Documental] María Sabina, muller espírito.

“María Sabina, mujer espíritu” é o retrato cinematográfico dunha das máis famosas curandeiras de México. María Sabina chamán ou Chjota Chjine -a que sabe- da serra Mazateca de Oaxaca, estado do sur de México, foi quen nos redescubriu aos “estranxeiros” o … Seguir lendo

Publicado en vídeos e audios | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

O Concello de Rasquera aproba a proposta da ABCDA de implementación dun plan cannábico para saír da crise

A ABCDA (Asociación Barcelonesa Cannàbica De Autoconsumo) asina un convenio co Concello de Rasquera de implementación dun plan cannábico para saír da crise, co que se cederan terreos municipais para o abastecemento da asociación. A firma do convenio, realizada o … Seguir lendo

Publicado en Novas, vídeos e audios | Etiquetado , , | Deixar un comentario

[Documental] Paraísos artificiais: LSD e o seu descubridor Albert Hofmann

Un documental que aborda a historia da LSD (Dietilamida do Acido Lisérxico) da man do seu descubridor: Albert Hofmann quen, neste documental, fala do que considera o seu fillo máis polémico.

Publicado en vídeos e audios | Etiquetado , , | Deixar un comentario