San Kanuto 2007

Debido as obras que se estaban a realizar na carballeira de Santa Susana, tradicional punto de celebración do San Kanuto en Compostela, este ano 2007 decidimos celebra-la romaría na honra do noso patrón uns metros máis abaixo, na zona da Residencia do campus anteriormente coñecido como Campus Sur.

O xantar chegaría máis tarde do previsto debido as condicións climáticas propias da época desta festividade, parecendo que tan poderoso patrón non comprendera as nosas peticións climatolóxicas. Tras amainar o temporal e superalo con escaso número de toldos, comezaron o campionato de Petanka-nuto e o II Campionato mundial de estornela.

Tras o xogos chegou o recital poético na honra de San Kanuto onde Daniel Salgado, David Pobra, Lorena Souto, Lucía Aldao, María Lado, Mario Regueira, Xía Arias e Leo F. Campos ofreceron os seus poemas para agrado do santo e d@s fieis alí reunidos.

A xornada remataría coa foliada e a música coa que os amigos da XA! acompañaron a Gran Queimada de peche do San Kanuto 2007, onde a pesar do día pasado por auga volvémonos concentrar un gran número de antiprohibicionistas demostrando que cada vez é maior o número de persoas que reivindican un cambio na lexislación actual.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s