San Kanuto 2016

sanka2015

Outro ano máis xuntámonos en Compostela antiprohibicionistas chegados de todo o país, para reivindicar un cambio nas políticas de drogas nunha xornada festiva e chea de actividades.

Temos que destacar a presencia e apoio de distintos colectivos como Casa María de Pontevedra e Club Cannabum e Galicanna de Coruña así como da GalFac e xente da desaparecida ALUC, que demostran que o movemento en Galiza está máis forte que nunca.

O San Kanuto 2016 en Compostela  comezou no CSA do Sar co Obradoiro de extracción de resina impartido por Campo, membro da XA, con unha mostra de extracción en frío e auga, onde o público que enchía o aforo puído observar e incluso catar mostras de diferentes extraccións.

Ao finalizar o obradoiro, xa estaba esperando o chocolate quente co que acompañamos a música de MáisLume Kolektive & friends, agardando polo campionato de Porrorrápido con título de campeón, que este ano foi para o Barbanza merecidamente.

Cando a Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos estivo preparado, arrancou o Pasarrúas Antiprohibicionista que encheu de percusión e reivindicacións as rúas compostelanas, acompañando ao paso do San Kanuto.

Xa para rematar Seperman, Crespo, MáisLume Kolektive, Rendi Nue con Dj Webo e Alen do Dub animaron a festa que encheu de antiprohibicionistas o CSOA Escárnio e Maldizer.

Queremos agradecer a xente que mantén vivos os dous centros sociais que acolleron este San Kanuto 2016, o CSA do Sar e o CSOA Escárnio e Maldizer que son un orgullo para esta cidade. E, por suposto, tamén ás e aos percusionistas do Bloco da Escola Prucupá que fixeron posible o pasarrúas deste ano… coma sempre!!

San Kanuto 2016 en Compostela segundo os medios:

http://zoomin.tv/#!v/723457/

O manifesto deste ano:

DROGAS CEIVES