Breve Historia das Anfetas

 As anfetaminas son derivados sintéticos dun alcaloide da Ephedra vulgaris, usada durante milenios polos herbolarios chineses como antiasmático. A producción e comercialización da primeira anfetamina empeza en EEUU cara 1930, cando todavía está en vigor e Lei Seca, para manter espertos a pacentes sobredosificados con hipnóticos ou sedantes. Pouco despois aparecen nas farmacias uns inhaladores recomendados para rinitis, catarro común e alérxico e todo tipo de conxestións nasais. Algo máis tarde comercialízase en píldoras contra o mareo e a obesidade, para logo emplearse en clínica como antidepresivo. Suxerindo, os laboratorios, vias indirectas para chegar ao consumidor sen ofrecer abertamente os efectos eufóricos.

Fotografía de un envase de centraminaTras a bencedrina aparece nas farmacias un dos seus isómeros, a dexanfetamina ou Dexedrina, e en 1938 a metanfetamina. Atendendo a súa acción sobre o ánimo, estas sustancias pertencen ao mesmo tipo de axentes que a cocaína e cafeína aos que sustitúen por maior potencia. Coma umha especie de cocaína forte, estas aminas gardan co irmán menor umha relación coma a dun vinho cun licor.

Coas anfetaminas, na Guerra Mundial, as tropas disponhen de algo que enmascara a fatiga, e a fame e prolonga a vixilia. Os barcos que avituallan aos bandos en loita durante a guerra civil espanhola son o primeiro banco de probas, pouco despois seguido por tropas paracaidistas alemanas en maniobras. Militarmente o resultado considérase satisfactorio nos dous casos. Na primaveira de 1941 os xornais ingleses comentaban abertamente o uso das anfetas por parte das tropas, e un chegou a componher a súa primeira páxina co titular: “A Metedrina gana a batalla de Londres”. A situación é análoga en Italia, e os pilotos xaponeses, especialmente os kamikazes, voan literalmente embalsamados en metanfetamina.

Xapón coa guerra case perdida aumenta a súa producción a grandísimos niveis. Ao firma-la paz, os excedentes desaparecen e, en 1950, o país ten umha cifra próxima ao millón de adictos delirantes, e varios millóns máis non tan suicidas. Tras favorece-lo seu consumo, o goberno vese agora obligado  a encarcelar a umha media de 60.000 persoas ao ano por tráfico ilícito. Máis da metade dos homicidios son cometidos por maníacos anfetamínicos, miles de personas son hospitalizadas ao ano con diagnóstico de esquizofrenia furiosa por esto mesmo, e un número indeterminado contrae lesións cerebrais permanentes. A maioría de usuarios inxectaban o producto: un 89 por 100 estaba entre os 19 e 29 anos, correspondendo ao grupo de idade neno ou adolescente durante a guerra.

Ademáis as anfetaminas inauguraron o doping.  Un dos máis conhecidos casos, foi o do cilcista inglés T. Simpson, campión do mundo que morreu mentres trataba de ascender un porto coa axuda de Maxiton, umha metaanfetamina.

Pola natureza dos seus efectos, estas sustancias estaban destinadas a usarse como antidepresivos e como fármacos de apoio para un rendemento no traballo. Pero desde 1945 o seu prestixio é tal que a psiquiatría comeza a utilizalas por vía intravenosa no tratamento da depresión e a histeria, xeralizándose a técnica do chamado shock anfetamínico. Xa de aquelas hai indicios, logo confirmados, de que a administración a altas doses pode provocar lesións neuronais irreversibles.

Ao mesmo tempo, descúbrese que estas drogas aumentan o coeficiente de intelixencia -medido por test- numha proporción de oito puntos, según as probas psicométricas simples.

En certas cidades inglesas investigadas o 85 por 100 dos usuarios son amas de casa, aínda que noutras áreas o público abarcaba tamén executivos, homes maiores e adolescentes. Esto último, que empezou como moda en Londres e San Francisco contra 1960, suscitou escándalo e curiosas polémicas. Por aqueles anos, cando se iniciaba umha liberalización das relaccións sexuais, os adolescentes reuníanse usando como vehículo de ebriedade anfetas en lugar de alcol. A alarma creada polo uso dos novos fai que a mediados da década empecen a tomarse medidas restrictivas, entre as que destaca pola súa severidade a Drugs Act americana de 1964, centrada específicamente sobre anfetaminas e combinacións de anfetaminas e barbitúricos. O único país que non toma medidas é España, onde ás farmacias acuden de toda Europa persoas que compran cartóns de caixas de anfetaminas, barbitúricos e outros tranquilizantes ou hipnóticos.

Aínda que non se inclúen ao grupo de “estupefacientes” nin se inclúen en ningumha reglamentación internacional, as medidas restrictivas producen un importante mercado negro e endurecemento do uso, que comenza a multiplicar as mortes por sobredose, e os casos de trastorno mental pasaxeiro ou permanente. En Suecia, por exemplo, un dos adiantados nesta política represiva, plantéxase umha situación que garda certo parecido coa xaponesa. Tras ter, durante os anos 50, a rúa e a prensa chea de anuncios como “dous comprimidos son máis eficaces que un mes de vacacións”, as autoridades descubren que umhas 100.000 persoas, sobre todo mozos inxectanse diariamente, cando o país ten apenas 6 millóns de habitantes.

Nos EEUU, tras algúns anos de uso de fins de semana, coa ilegalización rigurosa -penas de perpetuidad para os traficantes a partir de 1964- aparece o chamado speed-junkie, que suele ser un demente paranoico e ten umha esperanza de vida moi inferior aos junkies de opiaceos. Por outra parte, gran número de estadounidenses seguen a consumir estos fármacos como artigos respetables de farmacia, que os psiquiatras e outros médicos dispensan todavía con liberalidad.

Mentres no mundo occidental prodúcense estas reaccións, tras décadas de difusión masiva e oferta de anfetaminas coma remedios inocuos, Espanha está a renovar a súa industria farmacéutica cos superdividendos que lle produce ser o único comercializador sen trabas a nivel interno.

En 1955 un corresponsal de prensa espanhola en París comentaba a brusca oscilación no consumo de anfetaminas, que en xunho, época de exames, vendíanse 100.000 envases e en agosto nin a décima parte. A cifra de estudantes que usaran anfetamina algumha vez era bastante elevada -66 por 100-, en términos relativos tan alta coma xaponesa ou a sueca, e sen embargo un 94 por 100 dos usuarios eran totalmente moderados e ocasionais. Ademáis dos exames, aumentaban bruscamente a tasa de ventas nas farmacias certas celebracións coma os Sanfermines. O caso, indiscutible, é que nunca houbo en Espanha speed-junkies, nin a masiva administración intravenosa destas drogas. En 1979 as boticas espanholas venderon máis de 6 millóns de envases (uns 130.000.000 de pastillas), esta cantidade permitiría soster a 100.000 adictos intravenosos.

Nin antes, nin entón nin logo producírase cousa similar, indicando o que acontece cumha droga moi activa cando coinciden as circuntancias de non recibir estigma, atoparse pura e barata nas farmacias e non ser obxecto de promoción propagandística por parte de fabricantes. Para entender o fenómeno parece oportuno contar tamén coa permisibilidade mostrada polos maiores ante o consumo dos adolescentes, o que evitou o glamour do prohibido na época rebelde da mocidade. Pode decirse que a maioría dos adultos espanhois conhecían bastante ben estos fármacos, e que umha ínfima minoría abusaban deles por motivos persoais. De ahí que o mercado negro prácticamente non existira, en claro contraste con outros países menos permisivos.

Extraído de: Escotado,A.: Historia general de las drogas, vol 2. 7ª edición. Madrid 1998

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Documentos coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s