Crónica do San Kanuto 2015

sanka2015Este ano 2015 e por primeira vez os devotos de San Kanuto congregámonos no CSA do Sar para as celebracións no día do noso patrón.

Comezando a festa, os compañeiros de MáisLume Kolektive coa súa sound system conseguiron que dende o primeiro momento os bos fumes que se respiraban estivesen acompañados dos mellores ritmos Dub&Reggae. Logo chegaría o poderoso xantar co que os fieis antiprohibicionistas collemos forzas para este día cargado de actividades.

Coa sobremesa chegou o humor e as artes circenses en diferentes disciplinas grazas á xente do Cabaret Fumeta que deu paso ao concerto dos The Fabulous Resaca Brothers que a ritmo de blues puxeron a bailar ás presentes que xa enchían o aforo.

Para rematar a xornada os antiprohibicionistas composteláns saímos a rúa para que se escoitaran as nosas reivindicacións coa consigna “En Politica de Drogas nin un Paso Atrás. Regulación XA!” acompañados da percusión do Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos, enchendo as rúas de Compostela de música e festa.

DSC_0460DSC_0463IMG-20150121-WA0002DSC_0469DSC_0474IMG-20150121-WA0003IMG-20150121-WA0011DSC_0486DSC_0497manifesto san kanuto 2015

Publicado en Convocatorias, Novas | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

San Kanuto 2015

sanka2015Un ano máis San Kanuto chega a Compostela cargado de reivindicacións.

Coa consigna central deste ano: En Políticas de Drogas nin un Paso Atrás. Regulación XA!, reclamamos que non pode haber retrocesos no pouco que se ten avanzado neste senso como pretenden coa recén aprobada Lei Mordaza ou os continuos ataques a asociacións sen ánimo de lucro e militantes, polo que se fai imprescindible unha regulación que dea seguridade xurídica para acabar cos ataques a clubes amparados por cada vez máis resolucións xudiciais.

Ademais este ano en Compostela celebraremos o San Kanuto cargado de actividades tamén coma forma de protesta contra as medidas que o Goberno local do Partido Popular leva anos adoptando que están a provocar o fin das actividades culturais na nosa cidade, ben coñecida polo rico tecido cultural que está a desaparecer polas trabas do concello a calquera iniciativa que non lle interese electoralmente.

Pero nin as súas abusivas fianzas por utilizar o espazo público, nin a persecución aos artistas da rúa, nin as sancións aos organizadores de eventos culturais conseguirán acabar coa verdadeira Compostela Cultural.

O programa para o vindeiro Luns 19 de Xaneiro no CSA do Sar:

14:30 h – Xantar coa Sound System de MáisLume Kolektive (Reggae & Dub)

16:30 h – Cabaret Fumeta

18:00 h – Concerto: The Fabulous Resaca Brothers (Blues Canalla)

20:00 h – Pasarrúas polas rúas de Compostela co Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos.

Manifesto deste ano:manifesto san kanuto 2015

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

Alerta e Resposta Sanitaria en Amsterdam

En Amsterdam n10805549_10205334648706466_1009420568064475060_nas últimas semanas houbo tres mortos e polo menos catorce persoas ingresadas con graves problemas respiratorios por consumir cocaína adquirida no mercado negro que resultou ser heroína.

A cidade de Amsterdam asumiu a responsabilidade pola seguridade dos cidadáns e dos miles de turistas que visitan a cidade. A prioridade de todalas partes implicadas é evitar novas vítimas.

Para solucionar este problema, o Concello traballa en estreita colaboración coa fiscalía (Openbaar Ministerie), a policía, o Servizo de Saúde Pública de Amsterdam (GGD), os hospitais, o órgano consultivo Adviesbureau Drugs, ambulancias de Amsterdam e do centro de Información e Investigacións sobre drogas Jellinek.

Tamén solicitou a axuda a empresas localizadas na cidade, como coffee-shops, smartshops, hoteis, pousadas, cafés, bares e restaurantes para, mediante carteis e folletos, axudar na tarefa de advertir aos turistas, que son os están en maior risco de se tornaren vítimas da suposta heroína branca.holanda_alerta

Dende a Xuntanza Antiprohibicionista sabemos que a única solución para rematar con esta situación de indefensión dos consumidores é virar as políticas de drogas cara unha regulación e medidas educativas e sanitarias e non continuando coa estratexia do medo, a represión e a persecución dos usuarios. Por isto aplaudimos esta resposta das autoridades de Amsterdam tentando reducir os riscos que poden asumir os consumidores, derivados desta situación en particular e da prohibición en xeral, con medidas informativas e reais para arranxar un problema sanitario real.

Publicado en Novas | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Crónica da Manifestación contra a Lei Mordaza

DSC_0427

O pasado domingo a Xuntanza Antiprohibicionista asistiu ás mobilizacións en Compostela contra a Lei Mordaza ou Lei da Patada na Boca, é dicir a Lei de Seguridade Cidadá.

A parte das reivindicacións contra as medidas do goberno para intentar silenciar aos cidadáns e aos movementos sociais, os militantes da XA sorprendemos coas nosas consignas ás decenas de persoas que saíron á rúa, xa que esta lei aféctanos dobremente por supoñer tamén un retroceso en políticas de drogas.

A sorpresa dos manifestantes viña dada por dúas situacións. A primeira debida a que a maioría dos manifestantes alí presentes non están afeitos ás reivindicacións por un cambio nas políticas de drogas, e por outra banda porque non podían dar crédito que nunha lei de control social podan tratarse cuestións de carácter sanitario coma son as relacionadas coas drogas.

Tanto por unha razón como pola outra, temos que facer que a nosa voz se escoite nas protestas sociais tanto contra esta lei en concreto ou en outro tipo de reivindicacións e que a presencia do antiprohibicionismo sexa visible nas mobilizacións para que deixe ser motivo de sorpresa para ser unha constante ata acadar a fin da persecución e represión dos usuarios e que o uso de drogas se trate dende unha óptica baseada na saúde e na información.

Texto distribuído pola XA na manifestación:

MANIFESTO LEI MORDAZA

Publicado en Convocatorias, Novas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

En políticas de drogas… nin un paso atrás. Non á lei Mordaza!!

10632781_855837661135668_3786427883376779858_n-2A Alianza Social Galega convoca mobilizacións en todo país para mañá domingo día 23 de novembro, para rexeitar a reforma da Lei de Seguridade Cidadá. Este proxecto lexislativo é coñecido tamén como Lei Mordaza xa que é promovido dende o Goberno para, entre outras cousas, silenciar a protesta social.

Dende a Xuntanza Antiprohibicionista cremos que entre as distintas voces é preciso que se escoite a do movemento polo cambio nas políticas de drogas que ata o momento non apareceu de forma significativa, xa que coa aprobación desta lei daríase un paso atrás no pouco que se ten avanzado neste senso.

O proxecto aprobado recolle como sancións graves:

  • O consumo ou tenenciailícitos” de drogas en lugares e vías públicas aínda que non estean destinados ao tráfico (ao igual que na Lei de 1992)
  • Actos de plantación e cultivoilícitos” que non sexan constitutivos de delito: o que supón que o abastecemento dos usuarios terá que ser no mercado negro -fomentando o narcotráfico e as redes criminais-
  • Consumo de bebidas alcólicas en lugares e vías públicas
  • Traslado de persoas co obxectivo de facilitar o acceso a drogas

Ademais as contías das sancións graves aumentan con multas de 600 a 30.000 € (o que se pode traducir que por ter un porro no teu peto ou beber unha cervexa na rúa poden sancionarte con un mínimo de 600€)

Pero quizais o máis grave é que queda anulada para maiores de idade a posibilidade da suspensión da multa por acceder a someterse a tratamento, rehabilitación ou programas de reeducación deixando claro que esta lei só ten afán punitivo e recadador e para nada atende a razóns de saúde nin información aos consumidores

Mentres os cambios en políticas de drogas a nivel global avanzan cara unha regulación realista con medidas baseadas na saúde e na redución de riscos asociados ao consumo -Uruguay, Portugal, Colorado, Washington…- o noso goberno pretende retroceder nos poucos dereitos acadados, continuando coa fracasada estratexia de persecución e represión dos usuarios que o único que conseguiu foi un dos negocios máis lucrativos para as redes criminais.

Por todo isto a XA acudirá mañá á concentración en Compostela e chamamos á mobilización de toda a militancia antiprohibicionista en tódalas vilas e cidades galegas.

En políticas de drogas: Nin un paso atrás!!

Non á Lei Mordaza!!

MANIFESTACIÓNS:
– A CORUÑA, 12 h, saída da praza de Pontevedra
– FERROL, 12 h, saída da praza de España
– SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 h, saída da Alameda
– LUGO, 12 h, saída do edificio sindical
– OURENSE, 12 h, saída da praza Maior
– PONTEVEDRA, 12 h, saída da praza da Ferrería
– VIGO, 11:30 h, saída da Vía Norte
CONCENTRACIÓNS:
– MONFORTE DE LEMOS: ás 12 h, na praza de España
– VILAGARCÍA DE AROUSA, 12 h, na praza de Ravella

Publicado en Convocatorias, Novas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Comunicado do “Movimiento Cannábico Mexicano”

10444340_603463479782746_4931563995518210357_n

Publicado en Convocatorias | Etiquetado | Deixar un comentario

Crónica do Magosto da XA 2014

magosto 14Este ano o Magosto da XA tivo un carácter especial por ser o evento de benvida ao local onde desenvolvemos actualmente as nosas actividades, o CSA de Sar.

A xornada comezou da man de Xaquín Bouza do programa Educando no Lezer de Asfedro (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) que nos achegou ao mundo da redución de riscos asociados ao consumo de drogas para logo analizar as distintas mostras de drogas que algúns consumidores interesados en coñecer a súa composición aportaron.

A continuación Ramón Servia da Cooperativa Cannaliza adicada ao cultivo de cánabo industrial en Galiza, ademais de ofrecernos un repaso a historia do cánabo demostrounos a grande cantidade de posibilidades que esta planta ofrece en campos tan variados como a medicina, construción ou alimentación.

E como non podía ser doutro xeito as castañas e o caldo quentiño fixeron a súa aparición para acompañar a festa que chegou da man de músicos que utilizan o local de ensaio do CSA de Sar cunha Jam que fixo entrar en calor a tódolos presentes antes da aparición estelar da xente do Colectivo Máis Lume que cos seus sons Dub-Reggae que puxeron fin a esta gran xornada lúdico-informativa.

DSC_0389 DSC_0390 DSC_0404 DSC_0407  DSC_0420 Sen tituloDSC_0416

 

Publicado en Convocatorias, Novas | Etiquetado , | Deixar un comentario

O Palament de Catalunya aproba a regulación dos Clubs de Cannabis

O parlamento catalán aprobou unha moción para normalizar a actividade dos CSC.faccat

Todos os grupos parlamentarios a excepción do popular deron este xoves o visto e prace á moción defendida por ERC que pon as bases para regular as asociacións cannábicas catalás. Unha vez aprobada a folla de ruta, os deputados fixáronse agora un prazo de catro meses para elaborar o documento definitivo que o goberno catalán converterá na futura lei que regulará a actividade destes clubs de consumo de marihuana, actualmente nun limbo administrativo e obxecto de persecución policial.

Entre os puntos propostos, o texto aposta pola creación dun rexistro específico de asociacións, que a idade mínima para facerse socio se fixe nos 18 anos e que se faga pedagoxía entre os asociados para reducir os riscos e os danos vinculados ao consumo de cannabis. A moción tamén reclama que os centros non oferten outros servizos como tabaco e bebidas alcohólicas, que soamente se poida ser socio dun club e que os novos membros non poidan empezar a consumir marihuana ata pasados quince días para rematar co turismo de cannabis que situou Barcelona no primeiro lugar do circuíto mundial do cannabis.

Con moderada satisfacción acolleron as principais asociacións de Clubs Cannábicos de Catalunya a proposta do Departament de Salut para ordenar a actividade destas entidades. Satisfacción, «polos dous anos de loita e negociacións coas autoridades» para que se establezan «unhas bases» en torno a un sector que ata agora permanecía nun «absoluto limbo xurídico», segundo expón Ángel Benito, presidente da Federación de Asociacións Cannábicas Autoreguladas de Catalunya (Fedcac).

Pero consideran que queda un «longo camiño por percorrer», dado que os criterios presentados á Cámara catalá non reflicten moitos aspectos importantes para unha regulación transversal e efectiva das entidades de autoconsumo. «Hai dous aspectos fundamentais para velar polo bo funcionamento dos clubs e evitar problemas legais: o cultivo e o transporte do cannabis», expón Jaume Xaus da Federación de Asociaciones Cannábicas (CatFAC).

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario

Magosto da XA… de benvida ao CSA do Sar

magosto 14Un ano máis chega o Magosto da XA pero este ano dun xeito especial xa que é o primeiro evento que organizamos no CSA de Sar. Así que o vindeiro sábado 15 de Novembro ven cargado de actividades:

Ás 17:00 h. comezamos con charlas informativas:

  • Educando no Lezer, unha experiencia de Redución de Riscos nos Espaços de festaXaquín Bouza do colectivo Educando no Lezer faranos un achegamento á Redución de Riscos asociados ao consumo de drogas dende a propia experiencia do colectivo nos distintos espazos de lecer nos que realizan as intervencións -análise de sustancias, información a consumidores…-
  • Historia e Situación actual do Cánabo – O Cánabo Industrial é unha variedade de planta de cannabis que contén menos de 0,3% de THC. Ramón Servia de Cannaliza S. Coop. Galega, cooperativa adicada ao seu cultivo, fará un achegamento á historia e situación actual desta fonte de fibra téxtil, alimento e aceites con distintas propiedades utilizada durante milenios.

E ás 20:00 h comeza a festa:

  • Reggae Jam con músicos dos distintos grupos que participan do local de ensaio do CSA do Sar e achegados, que interpretarán aos clásicos do Reggae (Jimmy Cliff, Bob Marley…)
  • Dub-Reggae Sound System a cargo dos rapaces do MáisLume Kolektive

E como non… todo acompañado por castañas e caldo de balde!!

Así que vémonos o vindeiro sábado 15 de novembro no CSA do Sar a partir das 17:00h.

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Estado Unidos de…. Herba?

eeuuAs eleccións deste martes en EEUU serviron para renova-lo Senado e Congreso, así coma para elixir aos gobernadores de varios estados, pero moitos cidadáns estaban tamén chamados a votar unha serie de medidas como a legalización do uso do cannabis.

 Os antiprohibicionistas están a gañar terreo nos EEUU tras ser aprobado o uso recreativo da marihuana en Oregón, Washington DC e Alaska. Pola contra, os votantes Florida rexeitaron unha utilización terapéutica da planta, xa que aínda que o “si” superou o 50% dos votantes, era preciso un 60% de votos favorables.

Co 94,1 por cento dos votos, os habitantes de Alaska aprobaron a “Iniciativa 2”, que permitirá aos maiores de 21 anos poseer ata 28 gramos e seis plantas de cannabis na súa casa. A medida legalizará a produción e venda que estará controlada por un órgano regulador que recadará os impostos nos puntos de venda.

En Washinton DC aprobouse con un 69,4 por cento a “iniciativa 71” que permite aos maiores de 21 anos posuír pouco máis de 50 gramos e cultivar ata 6 plantas na casa, aínda que a capital non regulará a compra-venda, os impostos ou outros controis.

En Oregón a “iniciativa 91” é a máis permisiva das votadas o martes -ata 225 gramos-, e a Comisión Estatal do Alcohol será a encargada de regular a produción, venda e a recadación dos impostos.

Así que os EEUU despois de ser responsables da prohibición planetaria gracias ao complexo entramado de mentiras, intereses económicos e presións sobre outros estados, convértense así no lugar do mundo -xunto a Uruguay- con lexislacións máis permisivas respecto ao cannabis con 4 estados con un uso recreativo aprobado e 23 estados que permiten o uso terapéutico.

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario