San Kanuto 2017

sankanuto017-copy

 

O San Kanuto 2017 en Compostela chega cheo de información, reivindicacións e festa!!

Este 19 de Xaneiro no CSA do Sar dentro dos actos da Romaría do Peixe (III Aniversario do CSA do Sar):

Charlas:

16:30h: Muller e Activismo Cannábico. Sandrine Bernardo (REMA: Red Estatal de Mujeres Antiprohibicionistas).

17:30h: Prohibición: Historia dun Fracaso e Alternativas. Lois (Xuntanza Antiprohibicionista)

Festa:

18:30h: Chocolatada con MaisLume Kolektive (Reggae & Dub)

21:00h: maniFESTAción co Bloco da Escola Prucupá dende o CSA do Sar.

O manifesto deste ano:

manifesto-2017-san-kanuto

 

 

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

A XA nas xornadas sobre TDAH en Cangas

TDHA

As compañeiras de Acracia Morrazo volven organizar no IES de Rodeira en Cangas unhas xornadas sobre TDAH, e de novo a Xuntanza Antiprohibicionista está convidada a participar na charla-debate.

Falaremos sobre o abuso de estimulantes no tratamento do Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade e abordaremos distintos aspectos desta epidemia diagnóstica e do seu tratamento farmacolóxico con estimulantes tipo-anfetamina.

Se queres saber máis sobre o tema ou compartir información relacionada co TDAH, vémonos este xoves 25 de febreiro ás 19:00h no IES de Rodeira en Cangas.

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Crónica do San Kanuto 2016 en Compostela

sanka2015

Outro ano máis xuntámonos en Compostela antiprohibicionistas chegados de todo o país, para reivindicar un cambio nas políticas de drogas nunha xornada festiva e chea de actividades.

Temos que destacar a presencia e apoio de distintos colectivos como Casa María de Pontevedra e Club Cannabum e Galicanna de Coruña así como da GalFac e xente da desaparecida ALUC, que demostran que o movemento en Galiza está máis forte que nunca.

O San Kanuto 2016 en Compostela  comezou no CSA do Sar co Obradoiro de extracción de resina impartido por Campo, membro da XA, con unha mostra de extracción en frío e auga, onde o público que enchía o aforo puído observar e incluso catar mostras de diferentes extraccións.

Ao finalizar o obradoiro, xa estaba esperando o chocolate quente co que acompañamos a música de MáisLume Kolektive & friends, agardando polo campionato de Porrorrápido con título de campeón, que este ano foi para o Barbanza merecidamente.

Cando a Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos estivo preparado, arrancou o Pasarrúas Antiprohibicionista que encheu de percusión e reivindicacións as rúas compostelanas, acompañando ao paso do San Kanuto.

Xa para rematar Seperman, Crespo, MáisLume Kolektive, Rendi Nue con Dj Webo e Alen do Dub animaron a festa que encheu de antiprohibicionistas o CSOA Escárnio e Maldizer.

Queremos agradecer a xente que mantén vivos os dous centros sociais que acolleron este San Kanuto 2016, o CSA do Sar e o CSOA Escárnio e Maldizer que son un orgullo para esta cidade. E, por suposto, tamén ás e aos percusionistas do Bloco da Escola Prucupá que fixeron posible o pasarrúas deste ano… coma sempre!!

San Kanuto 2016 en Compostela segundo os medios:

http://zoomin.tv/#!v/723457/

O manifesto deste ano:

DROGAS CEIVES

Publicado en A XA! nos medios, Novas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

San Kanuto 2016

sanka2015

O vindeiro 19 de xaneiro os antiprohibicionistas xuntarémonos de novo en Compostela nunha xornada cargada de actividades e reivindicacións:

O programa para este San Kanuto 2016:

-No CSA do Sar:

16:30 – Obradoiro de extracción de resina

18:00 – Chocolatada con MaisLume Kolektive & Friends e Campionatos de Porroflexia e Porrorrápido

-Pasarrúas Antiprohibicionista co Bloco da Escola Prucupá:

19:30 – Manifestación con saída no CSA do Sar e chegada na Plaza do Toural

-No CSOA Escárnio e Maldizer:

22:30 – Sound Kanuto con:

Seperman
Crespo
MaisLume Kolektive
Rendi Nue con Dj Webo
Alen do Dub

O manifesto deste ano:

DROGAS CEIVES

 

Publicado en Uncategorized | 1 comentario

Ataque do Tribunal Supremo aos CSC

yosoy3A poucos días de rematar o ano 2015, a sá do Penal do Tribunal Supremo estimou parcialmente o recurso da Fiscalía contra a sentencia da Audiencia de Bizkaia que absolvera aos membros de Pannagh do delito de tráfico de drogas.

Agora, o Supremo os condena a penas dun ano e oito meses de cárcere e multas de 250.000 euros para o presidente e a secretaria, e de seis meses e un día no caso dos dous socios que traballaban no envasado da colleita.

Este ataque aos Clubs de usuarios de Cannabis súmase ás sentencias ditadas este ano contra as asociacións Ebers de Bilbao, e Three Monkeys de Barcelona tamén absoltas anteriormente polas respectivas Audiencias Provinciais.

Trátase de sentencias políticas que, a parte da visible pretensión de desmantelar o tecido asociativo cannábico, deixa ao mercado negro e aos grupos criminais que o controlan coma única alternativa para o abastecemento dos usuarios.

Estámonos a enfrontar a unha ofensiva represiva sen precedentes polo que haberá que dar unha resposta conxunta e contundente de todo o movemento antiprohibicionista.

En política de drogas nin un paso atrás!!

 

Publicado en Novas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Chega a Lei Mordaza

antiprohibicionista2Faltan unhas poucas horas para o que moitos califican coma o maior recorte de liberdades da “Democracia”, coa entrada en vigor este 1 de xullo da reforma da Lei de Seguridade Cidadá e do Código Penal.

A Lei de Seguridade Cidadá máis coñecida coma Lei Mordaza ou Lei da Patada na Boca ou Lei da Barra Libre para a Policía, foi aprobada sen consenso parlamentario e con máis de 50 recursos presentados ante o Tribunal Constitucional.

Tralo eufemismo da seguridade cidadá, agochase realmente a seguridade da blindaxe do Goberno ante os novos modelos de protestas sociais que xurdiron nos últimos anos e o intento de calar as reivindicacións cidadás.

Ademais esta Lei de Seguridade Cidadá recolle varios aspectos relacionados coas drogas ao igual que acontecía coa súa predecesora de 1992, a coñecida coma Lei Corcuera, desoíndo as distintas voces que conformamos o Movemento polo Cambio nas Políticas de Drogas, que propoñemos que os aspectos relacionados coas drogas débense tratar dunha óptica sanitaria e educativa e non dende un punto de vista de persecución e represión como acontece actualmente ao incluírense nunha lei de seguridade e non nunha lei sanitaria.

Un dos aspectos máis criticados desta Lei é a ambigüidade deliberada que deixa espazo á interpretación arbitraria por parte da Administración, e a nós mesmos, xa que aparecen análises como o de Enrique Fornes que interpreta o artigo 36.18 coma unha despenalización do cultivo xa que ao entrar en vigor a lei, o cultivo será sancionable “en lugares visibles ao público” polo que ao estar tipificado o que está prohibido, en sentido contrario defínese o que está permitido, que sería en lugares non visibles ao público.

Mais esta lectura optimista da lei non é a que lle damos dende a Xuntanza Antiprohibicionista, xa que o único cultivo que se penalizaba ata agora era o que un xuíz consideraba que era para o tráfico. Pero a partir da entrada en vigor da reforma, aínda que o cultivo non estea destinado ao tráfico poderá ser sancionable se está “en lugares visibles ao público”, descoñecendo pola ambigüidade da lei se, por exemplo, os cultivos domésticos invisibles dende o exterior que son sobrevoados e fotografados polos helicópteros da policía frecuentemente serían sancionables por considerarse visibles.

Dáse a circunstancia que os tribunais raramente dan a razón a os corpos de seguridade cando desmantelan cultivos que realmente non están destinados ao tráfico, véxanse os longos procesos aos que se ven sometidos os responsables dos distintos clubes de consumidores, como os compañeiros de Pannagh. Igualmente os tribunais non acostuman dar a razón ao Goberno fronte a determinadas protestas suscitadas nos últimos anos. Por iso construíron este entramado de sancións administrativas e converten en multa o que antes sometíase a un control xudicial.

Ao igual que moitos colectivos, dende a XA! chamamos a desobediencia activa desta lei dándolle máis visibilidade que nunca aos nosos cultivos, xa que os e as usuarias de drogas conformamos o movemento de desobediencia civil máis numeroso do planeta e que sen un solo cambio lexislativo e en moi poucos anos, conseguimos avanzar da total estigmatización e criminalización á realidade dos clubes de consumidores, repetimos, sen un sólo cambio lexislativo.

En Políticas de Drogas nin un Paso Atrás!!!

Publicado en Novas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

A XA! participará nas xornadas sobre TDAH en Cangas

RITALIN_11 peq

Novamente a Xuntaza Antiprohibicionista participa nunhas xornadas sobre o TDAH, desta volta no Morrazo no IES de Rodeira en Cangas.

Unha vez máis falaremos sobre o Abuso de Estimulantes no Tratamento en diagnosticados con Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade e abordaremos distintos aspectos desta epidemia diagnóstica e do seu tratamento farmacolóxico con estimulantes tipo-anfetamina: o metilfenidato (principio activo da famosa especialidade farmaceútica  estadounidense Ritalin).

Se queres saber máis sobre o tema ou compartir información relacionada co TDAH, vémonos este luns 11 de Maio ás 19:00h no IES de Rodeira en Cangas.

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , , , | Deixar un comentario

A XA! súmase á Marcha Mundial da Marihuana 2015 en Vigo

marcha 2015

Un ano máis a Xuntanza Antiprohibicionista súmase á convocatoria da Marcha Mundial da Marihuana convocada pol@s compañeir@s de AVE María en Vigo.

A marcha comeza na Praza de Eduardo Chao o sábado 9 de Maio ás 19:30h coas tradicionais reivindicacións sobre a Normalización do Cultivo, Procesado e Consumo do Cannabis pero este ano cun carácter especial contra a recén aprobada Lei de Seguridade Cidadá coñecida popularmente coma Lei Mordaza.

Así que cultiva os teus dereitos, plántate contra a prohibición e este ano….

Tod@s a Vigo!!

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

Apoio a Pannagh

FREE-PANNAGHTraducimos e difundimos a mensaxe que nos envían os compañeiros da FAC vía correo electrónico:

Os días 10 e 11 de marzo celebrarase na Audiencia Provincial de Bizkaia a vista oral da causa contra cinco membros da asociación Pannagh. O xuízo terá lugar a partir das 10,00 na sala de vistas n.º 5, C/ Barroeta Aldamar, 10, Bilbao.

Queremos facer un chamamento a todolos activistas, sector cannábico en xeral e a todolos/as usuario/as particulares, a participar na acción de apoio aos nosos compañeiros de Pannagh durante os días previos e posteriores á celebración do xuízo.

CONVERTAMOS EN TRENDING TOPIC A MENSAXE DE APOIO #FreePannagh

Non fai falla dicir que TODO O MOVEMENTO ACTIVISTA xógase moito neste xuízo, onde non só se defenderá a honra e dignidade dos seus responsables e membros, se non que pode marcar un precedente importante sobre o concepto operativo a seguir polo noso movemento activista.

COLABORA, DIFUNDE, PARTICIPA…….DEFENDE O MODELO QUE NOS DEU A VIDA!!!

Lembra………. #FreePannagh

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , | Deixar un comentario

Drogas? Si, grazas.

Tradución ao galego do artigo de J.C. Ruíz Franco publicada na revista virtual “Vice”.

J. C. Ruíz Franco é filósofo, profesor, escritor e tradutor, dedícase a escribir sobre substancias psicoactivas, acaba de publicar a primeira biografía en español sobre Albert Hofmann e é o director do Proxecto Shulgin en español. É un apaixonado do saber, especialmente o de carácter xeral e non específico, como a filosofía e a historia; a el e á súa difusión dedica a súa vida, e pensa que o uso correcto das drogas é indispensable para lograr un coñecemento pleno do mundo e os seus distintos ámbitos.

DROGAS? SI, GRAZAS.

images” A que sabes divertirte sen drogas”, “A tope sen drogas”, “Drogas, para que? Vive a vida”, “Engánchate á vida”, “Drogas: vascha xogar? “: unha e outra vez, sucesivas campañas anti-droga organizadas por institucións oficiais ou subvencionadas polo goberno, dirixidas aos cidadáns en xeral e aos mozos en particular. Conseguen algo estas iniciativas nas que moitos parecen poñer toda a súa boa vontade? Evidentemente non, a xulgar polas estatísticas que nos ofrecen ano tras ano. Eslóganes anti-droga, partidos de fútbol contra a droga… Trátase simplemente dunha enorme tautoloxía porque acaso hai alguén que estea a favor da delincuencia, a marxinalidade e os problemas de saúde asociados aos psicoactivos? Talvez si: os que se benefician con toda esta armazón, como por exemplo os narcotraficantes; pero tamén a rede de institucións anti-droga financiada polo estado e os axentes represores coas súas leis, regulamentos e decretos, cuxa existencia non tería sentido, sen ese chibo expiatorio que lles serve de escusa para autoxustificarse. E non esquezamos os científicos e investigadores financiados por subvencións e que non deixan de falar dos presuntos danos para o noso organismo. Se o propósito dos ‘drogabusólogos’ chamados así pola súa pesada insistencia no que eles chaman ‘drogas de abuso’ fose de verdade solucionar algún asunto de saúde pública, abandonarían o seu sectarismo, defenderían a legalización ou normalización, como se queira e dedicaríanse a investigar as substancias -alcohol, tabaco e psicofármacos- que crean moitos máis problemas que esas que tanto odian, as que vende o camelo da esquina, a choupana de La Cañada ou o seller dalgún black market da Deep Web.

Imos dicilo sen rodeos e de forma moi sinxela: esas campañas e as declaracións dos que as defenden son unha pura farsa. Non necesitamos convencer aos lectores antiprohibicionistas pero, moi ao noso pesar, a maioría dos cidadáns está demasiado influídos polos gobernantes e os medios de comunicación ao seu servizo. Como ben sabemos grazas aos especialistas na materia (lean ao noso pioneiro Escohotado, porque sen coñecer a súa Historia xeral das drogas non se pode opinar con fundamento sobre este tema), o problema da droga non existía antes de que fosen prohibidas. Non había delincuencia asociada a elas, nin a enfermos arrastrándose por rúas e centros médicos, exceptuando os alcohólicos. A decisión do goberno de Estados Unidos, a comezos do século XX, de controlar o consumo de certas substancias psicoactivas premido por sectores puritanos con forte poder económico e pola entón incipiente industria do medicamento deu comezo a rede de leis, regulamentos, persecucións e prohibicións iniciados por case todos os países do mundo e que persisten hoxe en día, como unha mostra máis do dominio norteamericano sobre o resto de nacións. E á vez que se perseguen as substancias que escapan ao seu control, protéxese e foméntase o consumo doutras: as que deixan grandes beneficios empresariais a multinacionais tabaqueiras, alcoholeras e farmacéuticas, á vez que impostos ao erario público. Mentres todos os benpensantes escandalizanse con só escoitar a palabra ‘droga’, ninguén se incomoda ao acudir á farmacia a comprar tranquilizantes, analxésicos ou antidepresivos. E parece que tampouco polo consumo de alcohol e tabaco, que producen de forma directa ou indirecta millóns de enfermos e mortos cada ano.

Por outra parte, a vida enteira sería impensable sen drogas. Ou que cría o lector non moi disposto a crer na manipulación mediática que expliquei -e que alzará a súa voz contra o exposto neste escrito- que son a aspirina, os antibióticos, o café, a cervexa ou o tabaco que adoita tomar? ‘Droga’ é, por definición, calquera substancia que, ao ser introducida no organismo, en lugar de ser asimilada por este -o que sucede cos alimentos, que forman tecidos, graxa, glicosa, etc. -, pasa inalterada ou convértese nalgún metabolito ou subproduto seu e causa algún tipo de alteración, que pode ser física ou psíquica -a definición clásica que nos lembra Escohotado na súa grande obra-, e dentro dos tipos de modificación física ou psíquica englóbanse moitas subcategorías.

Droga: 1. Nome xenérico de certas substancias minerais, vexetais ou animais, que se empregan na medicina, na industria ou nas belas artes. 2. Sustancia ou preparado medicamentoso de efecto estimulante, depresor, narcótico ou alucinóxeno. 3. Medicamento.


Niso consiste -propiamente falando- unha droga, que por certo é sinónima de “fármaco”, así que o lector xa sabe -por se non o sabía aínda- que todos nos drogamos a diario. Máis aínda: as drogas son consubstanciais ao ser humano; dende o comezo dos tempos utilizámolas e ata que desaparezamos como especie seguirémolo facendo. Isto que estamos a contar non nolo estamos a inventar nós, senón que é unha simple descrición da realidade e un uso correcto das palabras; non así a constante insistencia dos gobernantes e os medios de comunicación en identificar ás drogas co mal absoluto, co mesmo demo. E o malo é que o conseguiron, aínda que estou seguro de que o lector intelixente non se deixou convencer, verdade?

“Pero o certo é que unhas drogas están prohibidas e outras non, e iso debe ser por algo”, replicará algún legalista defensor do sistema vixente. E explicaremos a este amigo un tanto inxenuo o feito de que que unhas drogas estean prohibidas e outras non o estean non ten ningunha relación real coa súa potencia, nin coa súa bondade ou maldade, xa que nas farmacias podemos encontrar substancias moito máis prexudiciais que outras prohibidas; e que os médicos adoitan receitar drogas moito máis fortes e con máis posibles efectos adversos que a maioría das substancias ilegais (non fai falta senón consultar o vademécum médico para comprobar isto). En realidade -esa realidade social que os estados intentan controlar ao máximo-, aquilo determina que que unha substancia estea prohibida, ou que non o estea, non son os seus posibles efectos prexudiciais, senón a decisión dos lexisladores, á súa vez condicionada por intereses económicos, a forte influencia de certos gremios (como o médico e o farmacéutico) e os prexuízos culturais: o viño permítese na cultura occidental cristiá e mesmo se considera o sangue de Cristo, mentres que o prohibe o Islam; este, en cambio, sempre fixo un uso abundante do cánabo e os seus derivados, mentres que aquí se chama ‘drogadictos’ aos seus consumidores. De novo, é suficiente botar unha ollada detallada á historia de comezos do século XX para entender o que dicimos. A propósito, por se acaso o lector non o sabía, agás contadas excepcións, ningunha substancia estivo prohibida antes desa data. Só ao chegar o século XX, e coincidindo co desenvolvemento das multinacionais farmacéuticas, comezaron a prohibirse determinadas drogas, cuxo número foi despois crecendo ata chegar á situación actual, en que a maioría da poboación, ignorante da historia, cre que o estado normal da humanidade é o propio da prohibición; cando en realidade é ao revés, e se trata dunha anomalía histórica que sen dúbida os nosos descendentes estudarán con curiosidade, saberán con todo detalle por que sucedeu e preguntaranse como puideron cometer os seus antepasados ese grave erro.

E non será que os mesmos que prohibiron o libre consumo de substancias psicoactivas foron os causantes, voluntaria ou involuntariamente, de todos os inconvenientes asociados con elas? A resposta é afirmativa: o chamado ‘problema da droga’ foi orixinado pola súa prohibición, o cal queda demostrado polos feitos anteriores e posteriores. Fronte á falta de incidencias ao longo de toda a nosa historia, o século XX e o pouco que levamos de século XXI viron aparecer todo tipo de cuestións legais, vitais, médicas e éticas relacionadas cos compostos psicoactivos. Ademais, aínda cando o lector non comparta o meu punto de vista, creo que poida indicarme moitos éxitos do prohibicionismo -senón todo o contrario, como xa dixen-, polo que mesmo para efectos prácticos a persecución da produción, o consumo e a posesión é contraproducente.

O ser humano, dende que é tal, e durante milenios, tomou todo tipo de substancias -guiado pola sabedoría popular, transmitida oralmente, e polo sentido común-, e nunca antes do século XX apareceron problemas sociais. As drogas en sentido amplo, o correcto, non o manipulado son algo tan normal como a comida, e de feito a natureza ofrécenolas en forma vexetal: cannabis, opio, folla de coca… Que pensariamos se o slogan dunha campaña dixese “alimentos non”? Ririamos ou creriamos que é obra dun tolo. Pois ben, o mesmo sucede coas proclamas de “drogas non”: son obra de irresponsables, de persoas que nos queren negar os innumerables recursos que nos proporcionan a natureza e a química.

O consumo de psicoactivos é tan antigo coma o ser humano, e seguramente trátese dun feito consubstancial noso, a pesar de que durante estes últimos cen anos intentasen facernos crer o contrario. Sen enredarnos en argumentacións, abonde sinalar o dato, o feito demostrado -que non a opinión- de que tantas dé10411722_10153079300878832_5046174572771380783_ncadas de restricións, sancións e penas de cárcere á produción e o comercio, así como de ameazas ao consumidor, só serviron para empeorar un asunto que antes era insignificante e que se consideraba unha cuestión privada. Na actualidade, despois de décadas de prohibicionismo, a situación neste sentido é moito peor que a existente cando non existía este tipo de trabas; para comprobalo poderíanse estudar os rexistros sanitarios, pero non se necesita nin iso, xa que sabemos que antes da prohibición nunca existiron colectivos marxinais vinculados a ningún consumo, mentres que despois si, xerados por esas absurdas medidas. A prohibición creou o chamado ‘problema da droga’, e non naceu para solucionalo, posto que antes dela simplemente non existía, como dixemos. Intentar facernos crer que nos limitan o acceso a certas substancias para defendernos de malvadas organizacións que pretenden envelenarnos, cando o que realmente fixeron é dificultar a obtención das drogas que escapan ao seu control, mentres permiten e mesmo fomentan o consumo doutras máis prexudiciais, como o alcohol e o tabaco, que son -de forma directa e indirecta- responsables dun número de problemas de saúde e de mortes inmensamente superior ao de todas as drogas prohibidas xuntas. Se de verdade se preocupan tanto por nós -e por iso quítannos da vista todo o que eles afirman que é prexudicial- por que non retiran da circulación o tabaco e o alcohol moito máis nocivos en todos os sentidos, e en cambio son cada vez maiores as sancións por consumo de algo tan pouco perigoso como o cannabis? A resposta coñécea o lector: por intereses económicos e por prexuízos morais.

Por outra parte, quen son os gobernantes para dicirme o que eu podo tomar ou non? Independentemente da opinión que se teña, é indubidable que cada individuo é o único dono de si mesmo -unha afirmación autoevidente que só pode negarse dende certos integrismos que coñecemos moi ben-, e nin o estado nin a relixión son ninguén para indicarme o que podo ou debo introducir no meu corpo, mentres non dane a un terceiro. Ou si? Que espírito democrático é ese, seres intolerantes e repletos de prexuízos?

A pesar do tan cacarexado progreso na liberdade e os dereitos humanos, o certo é que, no relativo ás substancias psicoactivas, o estado autooutorgouse o dereito a decidir na vida privada dos cidadáns, o cal significou un claro recorte nas liberdades individuais. Debido a iso, neste ámbito específico retrocedemos en comparación con como nos encontrabamos hai un século, cando nas droguarías -os establecementos onde se vendían drogas- se podían adquirir, a un prezo realmente baixo, cocaína, heroína, morfina, hachix, etc.; e o groso da cidadanía, ao considerar a estas substancias produtos normais da vida cotiá, facía delas un uso moderado e prudente. Se pensamos ben niso e o comparamos coas condicións actuais, con todas as súas restricións e a actitude de moitos -con mentes manipuladas pola propaganda dos estados, á súa vez transmitida polos medios de comunicación con intereses neste asunto-, para os que a palabra ‘droga’ é pexorativa en si mesma, decatarémonos de que estamos máis atrasados que os nosos tataravós.

Deciden por nós, prohíbennos tomar o que a natureza e a química poñen ao noso alcance. E por se fose pouco, poñen trabas á información veraz e obxectiva, á vez que fomentan a que rebaixa o consumidor ao nivel dun neno a quen hai que prohibir, rifar e coidar (a postura das entidades que din ser terapéuticas) e a que só mostra nos seus medios informativos aos consumidores marxinais e os narcotraficantes (as reportaxes do autodenominado ‘xornalismo de investigación’ e o enfoque dos mass media en xeral, que non é máis que sensacionalismo barato). Son os mesmos que ignoran a gran cantidade de persoas normais, con traballo e familia, que de cando en vez toman algunha substancia facendo uso do seu innegable dereito a darse un pequeno premio en forma de viaxe psíquica ou de estado de lúcida tranquilidade; por non falar de todos os intelectuais, pensadores, escritores, músicos e outros individuos creativos que potencian as súas facultades grazas ao uso de drogas (o opio de Goya, as anfetaminas de Sánchez Ferlosio, a heroína de Burroughs, a mescalina de Huxley, a LSD e outros psiquedélicos de tantos cantantes, e todas as substancias creadas por Shulgin, quen as experimentou en si mesmo antes de describilas nos seus artigos e libros, e posteriormente seguiu gozando de moitas delas). Fronte a esta información deliberadamente tendenciosa, o ideal sería ofrecer información verídica, sobre todo aos mozos, oposta á prohibición e co obxectivo de evitar os excesos e manterse no xusto medio, que é onde reside a virtude, como xa sabían os gregos. Pero non: os gobernantes, os funcionarios que viven da lea anti-droga e os medios de comunicación ao seu servizo, desexosos de vender rechamantes titulares, non poden deixar escapar a galiña dos ovos de ouro.

Non podemos pasar por alto que este asunto constitúe ademais un bo chibo expiatorio ao que achacar os males da sociedade, e simultaneamente un estupendo pretexto para xustificar todo tipo de leis represivas, control policial e entrometemento na vida privada dos cidadáns. Antes foi a Lei Corcuera da patada na porta, e agora é a Lei Fernández Díaz ou lei mordaza. Onde quedan as proclamas que tanto nos venderon, eses preceptos inviolables da liberdade individual contra todo tipo de totalitarismo, contra os intentos de inmiscirse na vida e a conciencia dos cidadáns, un dos supostos piares tanto do liberalismo coma da socialdemocracia? Ben estamos a comprobar nas nosas propias carnes que os intereses económicos e o control social están por enriba das conviccións ideolóxicas: o diñeiro manda e non importa contradicirse; xa virán logo a botar unha man a propaganda -explícita, implícita ou subliminal- e os científicos drogabusólogos, un numeroso colectivo de barrigas agradecidas.

Non obstante, aos prohibicionistas aínda lles queda un recurso contra esta crítica demoledora que lles estamos a lanzar; contan cun argumento moi poderoso: as drogas legais, os medicamentos, non presentan potencial de abuso, non orixinan estrañas sensacións internas que incitan a consumilas compulsivamente, cousa que si acontece coas drogas prohibidas. Pero trátase doutro argumento doado de rebater: deixando a un lado que non son tantas as substancias ilegais que poden xerar dependencia física (os opiáceos e posiblemente a ketamina, aínda que as diferenzas entre dependencia física e dependencia psicolóxica son discutibles), moitos medicamentos ou drogas legais tamén se toman de forma compulsiva e xeran máis problemas sanitarios que as prohibidas, como sucede cos tranquilizantes benzodiazepínicos, cunha longa lista de efectos secundarios que pode lerse en calquera prospecto e que sofren os que se lles fan dependentes, cuxo número vai en aumento e nótase nas persoas ás que o médico de cabeceira despacha rapidamente cunha receita de Valium®, Tranxilium®, Orfidal® ou Trankimazín®, en canto detecta que non padecen ningún mal orgánico e que o seu problema é psicosomático, co que o sistema sanitario induce ao paciente a converterse en drogadicto. Por outra parte, o alcohol é igual de aditivo que calquera das substancias ilegais que producen dependencia física, e a súa síndrome de abstinencia é o peor de tódolos existentes, con delirium tremens, graves complicacións e posible morte do paciente, algo que non sucede coa heroína, a pesar de toda a mala prensa que ten. Os defensores do prohibicionismo aínda engadirán que as benzodiacepinas, o tabaco e o alcohol son legais e non producen as estrañas sensacións de euforia das drogas ilegais. E aquí o círculo pechouse definitivamente: resulta entón que é nocivo o ilegal, coma se a lexislación dunha substancia puidese influír sobre as súas propiedades farmacolóxicas, que é o que sucede actualmente:en primeiro lugar, o lexislador decide que se permite e que non, e de aí derívanse as súas propiedades (beneficiosas ou prexudiciais), cando o correcto sería partir dos efectos de cada substancia é dicir, empezar polo farmacolóxico e extraer despois as consecuencias, punto que non se cumpre porque non interesa aos gobernantes prohibicionistas. En canto a que as drogas prohibidas xeren sensacións estrañas nos seus usuarios, é algo que concirne só ao consumidor, sempre que non prexudique a ninguén máis, unha cuestión sobre a que cada individuo debe decidir. O problema de fondo é que a nosa sociedade cristiá (o queiramos ou non, o cristianismo é un dos piares da nosa civilización) ve con malos ollos que alguén tome algo para sentir pracer, evadirse ou acceder a un tipo de coñecemento distinto, porque son propósitos incompatibles coa austeridade e a dedicación á familia e ao traballo que deben levar os fieis, os que xa encontrarán a súa recompensa na outra vida. De aí nace o desexo de entremeterse na vida privada e considerar fóra da súa normalidade aos que toman psicoactivos. Fronte a isto, e como persoas libres que somos, deberiamos poder elixir o que mellor queiramos para nós mesmos, sempre que non danemos a ninguén. Podemos esixir o noso dereito inalienable a consumir o que desexemos, a facer cos nosos corpos e a nosa vida o que nos veña en gana, reivindicacións que só poden negarse dende posicións fundamentalistas, xa sexa relixiosas, éticas ou políticas.

Os antiprohibicionistas sabemos que temos a razón, e os máis intelixentes do bando contrario tamén o saben, aínda que por suposto o calan facendo gala da súa hipocrisía; e aínda que no campo dos argumentos a guerra está gañada, encontrámonos moi lonxe de vencer no mundo real, dado que o inimigo é forte, moi forte. Por que non cella no seu empeño? Porque, por un lado, existen presións de grandes empresas ás que prexudicaría a libre circulación de drogas (tabaqueiras, alcoholeiras, farmacéuticas). Por outro, perigaría a posición dos que viven da lea anti-droga que xa describimos. E non é menos importante que ao estado non lle interesa que elixamos a forma de curación, diversión, autocoñecemento ou experimentación que desexemos, senón que lle resulta máis útil ter bos cidadáns que cumpran co seu traballo e obrigas, que non cuestionen a orde social establecida e que utilicen as drogas que ofrecen as multinacionais farmacéuticas; ou ben que acudan aos gurús oficiais (psiquiatras e psicoterapeutas), os cales devolverán ao curral as ovellas descarreiradas mediante as drogas legais (rebautizadas co nome de ‘medicamentos’ ou ‘psicofármacos’) e as súas terapias, que xeran nos desviados: conformismo, adaptación ao ámbito e aceptación do sistema.

E agora atrevémonos a dar un paso máis: se sabemos que non teñen razón, por que seguen gañando a batalla no plano da realidade?, por que segue vixente a prohibición? Se só defendesen o prohibicionismo os poucos que se benefician, os empresarios con intereses no sector, os gobernantes, os gardiáns ao seu servizo, os pseudocientíficos e os funcionarios que viven da lea, serían moi poucos. O malo ao aquí está a solución ao enigma é que o cidadán medio, levado polo medo e a ignorancia, segue crendo a súa propagandadrogas-si-gracias-420-body-image-1423045380 disfrazada de información obxectiva. Queirámolo ou non, o servilismo, a ignorancia e o desexo de levar unha vida cómoda, sen complicacións, é o que move á maioría de persoas, e é o que lexitima e fai posibles as barbaries dos nosos gobernantes, tanto neste asunto coma noutros parecidos. Como adoita suceder nestes casos, o que falta é cultura e sentido crítico. Cando alguén está ben documentado pode elixir libremente, pero non antes. A actitude contraria, a predominante, absorbida polas mentes da maioría, consiste en criticar e censurar sen antes coñecer, aceptando os estereotipos que nos inculcan os dirixentes e os que están ao seu lado. Por esa razón hai tantos cidadáns partidarios da prohibición, cando un pouco de cultura e pensamento lóxico lles abondaría para decatarse de que están a traizoar os seus propios intereses. Para tomar decisións acertadas en todos os asuntos da vida, e en especial en cuestións tan complicadas como esta, hai que estar ben informado e non se deixar levar por demagogos, charlatáns, rumores da rúa e medios de comunicación manipulados.

Por último, queda algún argumento racional para defender a prohibición do consumo de todo aquilo que queiramos, deixando a un lado posturas dogmáticas, interesadas, prexuízos sen fundamento e posicións mediatizadas por malas experiencias propias ou dalgún familiar? Por certo, lamentamos se algún lector ten ou tivo algún caso de adicción na súa familia; por todo o exposto, xa sabe quen son os responsables: as autoridades que prohibiron a substancia, que a converteron en ilegal, e con iso máis atractiva aos ollos dos mozos -sempre dispostas a romper os tabús-, e que coartaron a información obxectiva sobre ela, o cal impediu ao seu familiar coñecer as doses recomendadas; e tamén porque, debido á prohibición, tivo que obtela no mercado negro, o cal sempre leva consigo que non sexa pura, senón que estea chea de adulterantes, normalmente máis perigosos que a mesma substancia.

Reiteramos a pregunta: queda algún argumento racional para defender o prohibicionismo? Con seguridade, non; nin tampouco para a organización desas inútiles campañas anti-droga, simple escaparate para que institucións, organismos oficiais e dirixentes políticos melloren a súa imaxe, e coas que a cidadanía é enganada e manipula ao crer que as autoridades se preocupan pola súa saúde. Hai nelas algo máis que a hipocrisía duns e a inxenuidade doutros? Prefiro non contestar a pregunta e deixala no aire, para maior reflexión do lector. De momento, quen isto subscribe despídese ata o próximo artigo.

Publicado en Documentos | Etiquetado , , , | Deixar un comentario