Crónica San Kanuto 2019

sanka 2019-1

Neste 19 de xaneiro de 2019 cúmprense 15 anos de celebración ininterrompida do San Kanuto organizado pola Xuntanza Antiprohibicionista en Compostela, continuando así a tradición inaugurada pola xente da Casa Encantada e a xente de PACO (Persoas Antiprohibicionistas de Compostela) no ano 1993.

A pesar de ser unha xornada de moita choiva, dende ben cedo antiprohibicionistas chegados de todo o país xuntámonos no CSA do Sar para comezar a xornada coas Conversas Antiprohibicionistas, dirixidas por Nacho Rivero, dende a perspectiva máis histórica do movemento antiprohibicionista, e por Javier Puig (presidente da CONFAC) sobre a actualidade do asociacionismo cannábico. Mostra do interese destas conversas foron os diferentes debates que xurdiron e a gran participación das persoas que asistiron.

Co final dos debates comezou a parte máis festiva da celebración, a Sesión Vermú ao ritmo dos sons xamaicanos da man de MáisLume Kolektive poñendo a bailar a toda a militancia antiprohibicionista.

Co riquísimo Xantar Popular recuperamos as forzas necesarias para poder aguantar o que aínda nos esperaba para esta xornada coas catas ofrecidas por MeloilExtracts ou a presentación da Copa Cannábica Galega: a Feira das Milflores.

Pola cantidade de auga que caía no momento que tiña que empezar a Rúada este ano tivemos que suspender a nosa particular procesión. Pero isto non impediu que poidesemos desfrutar da batucada do Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos gracias á poderosa carpa instalada na zona exterior do CSA do Sar.

E así rematamos esta xornada de festa e reivindicación que este ano quixemos adicar á memoria do noso compañeiro o gran Manu Lago quen achegara o circo e o cabaret ao San Kanuto picheleiro durante estes últimos anos e que sempre estará no corazón da Xuntanza Antiprohibicionista e desta celebración.

San Kanuto segundo os medios:

https://play.cadenaser.com/audio/008RD010000000287132/

https://www.cannabis.es/web/features/articulos/856-otro-ano-otro-san-kanuto?fbclid=IwAR1E6wwti-TyyS7vIKl7271h7nG2EVom97CrrMaiZlVe-m77zISIgjK0DmM

*Fotos de Ramón Souto de “Cultiva una Idea”

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s