Un ano máis San Kanuto chega a Compostela cargado de reivindicacións.
Coa consigna central deste ano: En Políticas de Drogas nin un Paso Atrás. Regulación XA!, reclamamos que non pode haber retrocesos no pouco que se ten avanzado neste senso como pretenden coa recén aprobada Lei Mordaza ou os continuos ataques a asociacións sen ánimo de lucro e militantes, polo que se fai imprescindible unha regulación que dea seguridade xurídica para acabar cos ataques a clubes amparados por cada vez máis resolucións xudiciais.
Ademais este ano en Compostela celebraremos o San Kanuto cargado de actividades tamén coma forma de protesta contra as medidas que o Goberno local do Partido Popular leva anos adoptando que están a provocar o fin das actividades culturais na nosa cidade, ben coñecida polo rico tecido cultural que está a desaparecer polas trabas do concello a calquera iniciativa que non lle interese electoralmente.
Pero nin as súas abusivas fianzas por utilizar o espazo público, nin a persecución aos artistas da rúa, nin as sancións aos organizadores de eventos culturais conseguirán acabar coa verdadeira Compostela Cultural.
O programa para o vindeiro Luns 19 de Xaneiro no CSA do Sar:
14:30 h – Xantar coa Sound System de MáisLume Kolektive (Reggae & Dub)
16:30 h – Cabaret Fumeta
18:00 h – Concerto: The Fabulous Resaca Brothers (Blues Canalla)
20:00 h – Pasarrúas polas rúas de Compostela co Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos.