En políticas de drogas… nin un paso atrás. Non á lei Mordaza!!

10632781_855837661135668_3786427883376779858_n-2A Alianza Social Galega convoca mobilizacións en todo país para mañá domingo día 23 de novembro, para rexeitar a reforma da Lei de Seguridade Cidadá. Este proxecto lexislativo é coñecido tamén como Lei Mordaza xa que é promovido dende o Goberno para, entre outras cousas, silenciar a protesta social.

Dende a Xuntanza Antiprohibicionista cremos que entre as distintas voces é preciso que se escoite a do movemento polo cambio nas políticas de drogas que ata o momento non apareceu de forma significativa, xa que coa aprobación desta lei daríase un paso atrás no pouco que se ten avanzado neste senso.

O proxecto aprobado recolle como sancións graves:

  • O consumo ou tenenciailícitos” de drogas en lugares e vías públicas aínda que non estean destinados ao tráfico (ao igual que na Lei de 1992)
  • Actos de plantación e cultivoilícitos” que non sexan constitutivos de delito: o que supón que o abastecemento dos usuarios terá que ser no mercado negro -fomentando o narcotráfico e as redes criminais-
  • Consumo de bebidas alcólicas en lugares e vías públicas
  • Traslado de persoas co obxectivo de facilitar o acceso a drogas

Ademais as contías das sancións graves aumentan con multas de 600 a 30.000 € (o que se pode traducir que por ter un porro no teu peto ou beber unha cervexa na rúa poden sancionarte con un mínimo de 600€)

Pero quizais o máis grave é que queda anulada para maiores de idade a posibilidade da suspensión da multa por acceder a someterse a tratamento, rehabilitación ou programas de reeducación deixando claro que esta lei só ten afán punitivo e recadador e para nada atende a razóns de saúde nin información aos consumidores

Mentres os cambios en políticas de drogas a nivel global avanzan cara unha regulación realista con medidas baseadas na saúde e na redución de riscos asociados ao consumo -Uruguay, Portugal, Colorado, Washington…- o noso goberno pretende retroceder nos poucos dereitos acadados, continuando coa fracasada estratexia de persecución e represión dos usuarios que o único que conseguiu foi un dos negocios máis lucrativos para as redes criminais.

Por todo isto a XA acudirá mañá á concentración en Compostela e chamamos á mobilización de toda a militancia antiprohibicionista en tódalas vilas e cidades galegas.

En políticas de drogas: Nin un paso atrás!!

Non á Lei Mordaza!!

MANIFESTACIÓNS:
– A CORUÑA, 12 h, saída da praza de Pontevedra
– FERROL, 12 h, saída da praza de España
– SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 h, saída da Alameda
– LUGO, 12 h, saída do edificio sindical
– OURENSE, 12 h, saída da praza Maior
– PONTEVEDRA, 12 h, saída da praza da Ferrería
– VIGO, 11:30 h, saída da Vía Norte
CONCENTRACIÓNS:
– MONFORTE DE LEMOS: ás 12 h, na praza de España
– VILAGARCÍA DE AROUSA, 12 h, na praza de Ravella

Estas entrada foi publicada en Convocatorias, Novas coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s