Manifestación do San Kanuto 2014: Sobran motivos

O experimento prohibicionista fracasou. Ben lonxe de acadar o seu obxectivo dun mundo libre de drogas, as políticas represivas o que conseguiron foi a maior dispoñibilidade histórica de drogas, e máis miseria e morte que a máis perigosa das sustancias psicoactivas.

O verdadeiro “problema da droga” en realidade non é máis que os efectos perversos ocasionados pola Prohibición:

  • aparición de grandes grupos criminais e as drogas coma principal fonte de ingresos
  • violencia chegada a extremos límite en lugares de declarada “guerra ás drogas” -case 20.000 vítimas da militarización do problema en México-
  • corrupción en gobernos e corpos de seguridade tanto nas zonas produtoras, coma no destino final
  • escusa como arma xeoestratéxica -Colombia, México, Afganistán…-
  • delitos ecolóxicos nos lugares de produción e elaboración
  • cárcere -máis de 100.000 persoas encadeadas en Europa por delitos relacionados con drogas-. Sendo as condenas máis fortes contra quen, pola súa situación marxinal, ten menos posibilidades de defensa
  • recursos dedicados á represión en lugar de educación ou sanidade
  • reiterado ataque ás liberdades individuais
  • falta de información e polo tanto indefensión dos consumidores
  • e finalmente o perigo para a Saúde Pública ante a falta de controis de calidade e pureza

Sabemos que os motivos da Prohibición non atenden a razóns de carácter científico se non a discursos moralizantes, xenófobos e a loitas polo poder económico e político.

Por todo isto non podemos consentir que esta situación se prolongue, e dende a Xuntanza Antiprohibicionista queremos converter este San Kanuto 2014 na expresión das voces das que estamos fartas e queremos UN CAMBIO NAS POLÍTICAS DE DROGAS XA!.

NON Á PROHIBICIÓN!!

DROGAS CEIBES!!

Convidamosvos a participar na Manifestación do Domingo 19 de Xaneiro:

OUTRA POLÍTICA DE DROGAS É NECESARIA. NON Á PROHIBICIÓN!

Que partirá da Praza de Galiza (Compostela) ás 12:30h e está incluída dentro dos actos do San Kanuto 2014 aos que, por suposto, estades tamén convidadas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Documentos coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s