ALERTA ENERGY CONTROL: Falsa LSD

Traducimos e difundimos a seguinte información, proporcionada por Energy Control:

     Dende Energy Control informan que nos últimos meses, foron detectadas unha serie de mostras vendidas como LSD pero que na súa composición presentaban DOC, DOB e DOI. Estas substancias, pertencen á mesma familia de compostos químicos e poderiamos denominalas como anfetaminas alucinóxenas. Son compostos que en doses altas provocan alucinacións, como a LSD pero que a diferenza deste presentan un potente efecto estimulante e unha duración moito maior.

O consumo dunha substancia crendo que se trata doutra pode levar consigo unha serie de riscos. Neste caso concreto é importante ter en conta:energy lsd

As anfetaminas alucinóxenas poden producir distintos cadros de intoxicación orgánica por estimulación do organismo, vasoconstricción das arterias e outros problemas de tipo metabólico. Ao contrario do que sucede coa LSD, que carece na práctica de toxicidade sobre o organismo, a sobredosificación destas anfetaminas pode producir problemas moi graves e mesmo a morte.

    As anfetaminas alucinóxenas teñen unha duración de efectos maior á LSD (ata 20-24 horas, dependendo da dose) e os seus efectos poden tardar máis de tres horas en aparecer. Se tras tomar estas anfetaminas, a persoa non nota os efectos esperados da LSD pode redosificar e, finalmente, ter uns efectos demasiado potentes e duradeiros.

    Dende Energy Control aconsellan analizar sempre as substancias antes de consumilas e, no caso das anfetaminas alucinóxenas o noso consello é non as utilizar. Dispoñemos de moi pouca información sobre os seus riscos a curto, medio e longo prazo e, polo tanto, é difícil poder tomar decisións informadas sobre elas. Aínda así, en caso de ser consumidas asumindo o anterior, é importante tomar as precaucións convenientes. Pódese encontrar máis información neste enlace.

Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s