Máis que unha Lei Mordaza

antiprohibicionista2Despois da aprobación polo Consello de Ministros do borrador do anteproxecto de Lei para a Protección da Seguridade Cidadá, coñecida popularmente coma Lei Mordaza pola inclusión de novos artigos coa intención de calar as protestas sociais, están a ter lugar importantes mobilizacións e moitas voces álzanse contra esta reforma.

Entre estas voces é preciso que se escoite a do movemento polo cambio nas políticas de drogas que ata o momento non apareceu de forma significativa, xa que coa aprobación desta lei daríase un paso atrás no pouco que se ten avanzado neste senso.

O borrador aprobado recolle como novas sancións graves:

21. El consumo de bebidas alcohólicas en lugares, vías, establecimientos o transportes públicos cuando perturbe gravemente la tranquilidad ciudadana.

  1. El traslado de personas, con cualquier tipo de vehículo, con el objeto de facilitar a éstas el acceso a drogas tóxicas, estupefacientes o sustancias psicotrópicas, siempre que no constituya delito.
  1. La ejecución de actos de plantación y cultivo ilícitos de drogas tóxicas, estupefacientes o sustancias psicotrópicas, no constitutivos de delito.

E continúa coma sanción grave ao igual que na lei de 1992:

20. El consumo o la tenencia ilícitos de drogas tóxicas, sustancias estupefacientes o psicotrópicas, aunque no estuvieran destinadas al tráfico, en lugares, vías, establecimientos o transportes públicos, así como el abandono de los instrumentos u otros efectos empleados para ello en los citados lugares y la tolerancia de dicho consumo en locales o establecimientos públicos por parte de los propietarios, administradores o encargados de los mismos.

Ademais as contías das sancións graves aumentan con multas de 1.001 a 30.000 € .

Todo isto ven a supoñer que o cultivo para consumo persoal comezará a ser sancionable, o que supón que o abastecemento dos usuarios terá que ser no mercado negro -fomentando o narcotráfico e as redes criminais-. E que as sancións mínimas por tenecia ou consumo na vía pública (ter un cogollo ou medio gramo no peto) agora serán 1.001 € como mínimo en lugar dos 300,01 € que establecía a Lei Corcuera.

Mentres os cambios en políticas de drogas avanzan cara unha regulación realista na maior parte dos estados -Uruguay, Portugal, Colorado, Washington…- o noso goberno pretende retroceder e recortar dereitos, e non o imos consentir.

En políticas de drogas: Nin un paso atrás!

Para ver o documento de presentación do borrador, preme aquí.

Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s