Free Pannagh

FREE-PANNAGHCando se cumpriron dous anos do peche preventivo da asociación de persoas usuarias de cannabis Pannagh, a fiscalía anti-droga solicitou para cinco membros desta penas de prisión que suman 22 anos de cárcere e multas por valor de case dous millóns e medio de euros.

A fiscalía acusa Martín Barriuso, presidente, Igor Gaminde, tesoureiro, e a secretaria da asociación, dun “delito de tráfico de drogas con cantidade de notoria importancia”, para o que pide penas de 4 anos e medio de prisión, e outro de “integración en grupo criminal”, ao que correspondería outro ano e medio de condena. Aos tres impúxoselles unha fianza dun millón de euros, polo que se lles embargarán todos os seus bens. Aos outros dous acusados, dous socios que traballaban na colleita con contrato laboral, acúsaselle de tráfico de drogas e solicítase unha pena de dous anos e multa de 1.000 euros para cada un.

Ante estes feitos, as persoas asinantes queremos expresar publicamente o seguinte:

– A Asociación de Usuarios/as de Cannabis PANNAGH constituíuse oficialmente como asociación sen ánimo de lucro no ano 2003. Está formada por persoas usuarias de cannabis maiores de idade, e as súas actividades están encamiñadas a evitar aos seus membros os riscos do mercado negro e previr os danos asociados ao uso da planta.

– É do dominio público que Pannagh intenta crear circuítos alternativos de abastecemento de cannabis respectuosos coa legalidade vixente e que permitan reducir o tráfico ilícito. Para iso leva a cabo dende hai anos cultivos de cannabis en circuíto pechado, que en varias ocasións foron declarados legais por distintos tribunais. Todas as causas anteriores foron sobresidas e arquivadas en resolucións xudiciais firmes, incluíndo senllos autos das Audiencias Provinciais de Bizkaia e Álava, habendo mesmo chegada a ser devolta en dúas ocasións a marihuana incautada.

– Cremos que o peche de Pannagh -que xa dura dous anos- e a imputación contra varios dos seus membros é boa mostra da inseguridade xurídica que rodea ás súas actividades, situación que a asociación vén denunciando dende hai anos ante diversas instancias, e cuxa existencia recoñeceu o Parlamento Vasco na resolución que deu lugar á creación dun relatorio para regular os Clubs Sociais de Cannabis.

– É notorio que, dende a súa fundación, Pannagh veu desenvolvendo un traballo público en pro da busca dun marco de dereitos e obrigas para as persoas usuarias de cannabis, así como para a obtención dunha regulación integral das actividades relacionadas coa planta. Durante anos, as súas actividades foron do coñecemento xeral e toleraron de facto polos poderes públicos.

– É especialmente preocupante que se impute a tres membros da xunta directiva de Pannagh por integración en grupo criminal, cando o devandito grupo é precisamente unha asociación legalmente constituída e rexistrada, e cuxas actividades se desenvolveron sen asomo de clandestinidade. Non só é inxusto castigar con maior dureza a quen intenta seguir as canles da legalidade, senón que pode facer que outros crean que é máis seguro apartarse deles.

– Sen entrar a valorar e cualificar actuacións xudiciais concretas, queremos mostrar o noso apoio expreso ao labor público realizado polas persoas imputadas e, por ende, a todo o colectivo de persoas usuarias que representan. Entendemos que o seu labor en pro dunha regulación dos colectivos de persoas usuarias de cannabis na nosa comunidade, e dunhas políticas sociais máis xustas e efectivas, foi positiva e construtiva.

Novembro de 2013

Calquera persoa ou organización que queira adherirse a este manifesto, poderá mandar o seu apoio ao correo electrónico freepannagh@gmail.com. Nese correo electrónico simplemente haberá que especificar que se avala o manifesto a nivel persoal ou de institución ou colectivo.

Estas entrada foi publicada en Convocatorias, Novas coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s