Unha cola con coca

É ben coñecido que o popular refresco Coca-cola comezou sendo un tónico estimulante que contiña cocaína na súa fórmula.

En 1886, Frank Robinson púxolle o nome de Coca-cola ao tónico patentado polo farmacéutico John S. Pemberton que orixinalmente era un xarope alcólico con extracto de folla de coca “inspirado” no famoso Vino Mariani, unha das bebidas máis populares en Europa para curar doenzas. Posteriormente cando empezaban a alzarse voces a favor da Lei Seca, cambiaríase o alcol por un extracto de noz de cola, anunciando o produto como a bebida de intelectuais e abstemios.

Esta bebida empezou a popularizarse en Atlanta como tónico efectivo para o cerebro e os nervios.

Poucos anos despois, en 1891, a empresa produtora foi vendida a Asa Candler quen funda a Coca-cola Company. É a partir deste momento cando comeza o verdadeiro éxito de ventas da Coca-cola coa súa agresiva publicidade.

 Como consecuencia da perda de prestixio da cocaína entre as clases medias brancas americanas -xa era identificada como droga típica da farándula, os decadentes e os negros- a partir de 1909 substituíuse a cocaína por cafeína, pero, aínda hoxe en día séguese a utilizar a folla de coca como saporífero, usando follas de coca descocainizadas. Segundo declaracións á revista Tierramérica o 21 de xaneiro de 2006 da presidenta do directorio de Enaco -empresa nacional peruana encargada da distribución da folla de coca- Lidia Marín, Coca-cola merca a Enaco 145 toneladas anuais de folla a través da Stepan Chemical Company.

 A Coca-cola Co. non se preocupou unicamente de manter a bo recado a súa secreta Fórmula 7x, ademais tamén moveu a súa poderosa influencia mentres pasou apuros en 1961 cando a Convención Única de Estupefacientes das Nacións Unidas impuxo restricións totais á comercialización da folla de coca. Mentres a países cun consumo tradicional de folla de coca se lles obriga á erradicación dos seus ancestrais cultivos, e anular calquera tipo de aproveitamento industrial da folla de coca, para a Coca-cola Co. creouse o Artigo 27 da Convención que di:

…as partes poderán autorizar o uso de follas de coca para a preparación dun axente saporífero que non conteña ningún alcaloide e, na medida necesaria para o devandito uso, autorizar a produción, importación, exportación, o comercio e a posesión das devanditas follas.

Así a Coca-cola Co. non se viu afectada e é a única empresa que pode industrializar a folla de coca sen trabas.

Info extraida de: VV.AA: La Coca, Lima-Perú 2006, Lasso M.A. El negocio de la coca legal. Revista Tierramérica nº 21 enero 2006 e Escotado,A: Historia general de las drogas, vol 2. 7ª edición. Madrid 1998.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Documentos coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s