A Xuntanza Antiprohibicionista apoia as movilizacións contra a nova Ordenanza

Protesta contra a ordenanza / ANXO IGLESIAS – El País

A nova Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalacións e Ocupacións da Vía Pública do Concello de Santiago de Compostela aprobouse o pasado xoves 31 de maio a pesar das protestas veciñais.

Con esta ordenanza o Concello pretende cobrar pola instalación de mesas informativas ou calquera outro evento a asociacións sen ánimo de lucro -como exemplo os 400 euros que se lle queren cobrar ao Cineclube e a Rede Feminista Galega por unha proxección na rúa-. Tamén contémplase o cobro por enganche da luz e prohibición de megafonía.

A todo isto hai que sumarlle as xa habituais fianzas ou as trabas burocráticas ás que nos teñen acostumados neste Concello como aprobar permisos o mesmo día da actividade, o atraso na devolución de fianzas

O rexeitamento por parte da veciñanza é claro e demostrouse coa concentración paralela ao pleno onde foi aprobada esta normativa onde se uniron centos de veciños e colectivos de todo tipo -sindicatos, asociacións veciñais, partidos políticos, asociacións culturais, centros sociais, asembleas abertas….-.

A Compostela Cultural facémola entre tod@s, non ás trabas do Concello!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Convocatorias, Novas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s