Endurecemento da Lei Corcuera

Segundo o xornal ABC, Interior ten pensado modificar a Lei Orgánica de Seguridade Cidadá 1/92  do 21 de febreiro antes de que remate o ano.

Esta polémica lei -lembremos que varios dos seus artigos foron eliminados por considerarse anticonstitucionais- xa contempla no seu artigo 25 como infracción grave á seguridade cidadá o consumo ou tenencia para consumo en lugares públicos de drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas.

A modificación desta lei inclúe como novas infraccións graves o uso de carapuchas en actos que consideren vandálicos ou o consumo de alcohol en lugares non destinados a este fin.

A parte das novas “infraccións” auméntase espectacularmente a contía das sancións que pasan de -entre 300 e 3.000 €-, a –entre 3.000 e 30.000 €-. A efectos prácticos: se antes por levar un porro de marihuana no teu peto pola rúa caíanche 300 € agora a multa pasará a 3.000 €.

Se todas estas novidades non eran abondo, tamén pretenden aumentar o prazo de prescrición das infraccións graves, para evitar así a caducidade dos procedementos e non quede así sanción que recadar.

Cando aprobaron esta lei de control tiramos abaixo algúns dos seus artigos, agora temos que deter esta reforma e non parar ata a derrogación da Lei Corcuera.

Comunicado da FAC sobre a Lei de Seguridade Cidadá.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s