Informe Energy Control de Análise de Substancias 2011

O proxecto Energy Control, da “Asociación Bienestar y Desarrollo” presenta o Informe de actividade do Servizo de Análise de Substancias en 2011 onde se presentan datos de 2.797 mostras obtidas a partir dos propios consumidores/ás de substancias.

As conclusións deste estudo son:

Tódalas substancias encontradas no mercado negro son susceptibles de ser
adulteradas. O único xeito de saber con seguridade a composición das substancias adquiridas no mercado negro é analizalas nun laboratorio. En España existen tres organizacións que prestan este servizo: Ailaket do País Vasco, Hegoak en Navarra e Energy Control.

A éxtase (MDMA), tanto en formato de pastilla coma de cristal é a substancia menos adulterada. A pesar da súa baixa adulteración, nalgúns casos foron vendidas outras substancias como a metanfetamina no seu lugar.

A taxa de adulteración da cocaína é unha das máis altas das encontradas nos
últimos anos. En 2011, a maioría de mostras de cocaína analizadas contiñan cocaína combinada polo menos con tres adulterantes como a cafeína, a fenacetina, os anestésicos locais e o levamisol, sendo este último adulterante o que máis preocupación está a espertar polos seus potenciais efectos tóxicos.

No speed, aínda que se observou menor adulteración que en anteriores anos, en practicamente o 80% dos casos, preséntase como unha mestura de anfetamina e cafeína.

A adulteración na ketamina aumentou e no seu lugar foron detectados RC’s
como a metoxetamina e a mefedrona. A metoxetamina é unha substancia de moi nova aparición e non se coñecen os efectos adversos que poida producir nin os problemas derivados do seu consumo. No caso de aparecer mesturada con mefedrona son máis imprevisibles, aínda, os seus efectos.

A cafeína foi detectada como substancia de corte en todas as substancias.

As siglas “RC” ou “Legal High” non garanten que a substancia sexa pura, ben sintetizada e que non teña efectos adversos. A legalidade dunha substancia non indica que esta sexa máis ou menos segura ou máis ou menos daniña. Durante 2011 a adulteración dos RC’s foi máis elevada que nunca.

As mostras analizadas de marihuana contiñan altas concentracións de THC e escasa presenza de CBD. No caso do hachix, pola contra, predominaron as mostras con CBD nunha proporción máis equilibrada en canto á relación THC/CBD.

A adulteración das substancias ilegais non implica que se esquezan os riscos asociados a cada substancia principal. Débense considerar sempre os efectos de interacción entre substancias dunha mesma mostra.

Informe completo aquí.

Estas entrada foi publicada en Documentos, Novas coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s