Resumo da XA! na Marcha Mundial da Marihuana 2012 en Vigo

O pasado sábado 5 de maio en Vigo a asociación AVE María conseguiu reunir un ano máis na Marcha Mundial da Marihuana a un bo número de persoas chegadas de distintos puntos do país dispostas a plantarlle cara á prohibición.

Despois do pasarrúas-foliada cos compañeiros de Calcetíns Rotos, a concentración deu comezo co coherente manifesto onde os compañeiros vigueses denunciaron a política prohibicionista internacional, dicindo que xa é hora da convivencia pacífica coas drogas e deixar lugar as iniciativas de diminución de riscos e ao autocultivo, sen esquecerse da necesidade de conceder facilidades aos usuarios do cannabis terapéutico.

As actuacións de Dimanita coas súas letras antiprohibicionistas e de Joao Paulo e a Banda Doída que puxeron a toda a praza a bailar deron fin a esta xornada na que tanto no manifesto coma na sentida homenaxe que fixo o grupo Dinamita lembramos ao que os seus compañeiros definiron coma o que foi o cogollo de AVE María: Nando Reboreda.

Nando presente, a loita continúa!

Estas entrada foi publicada en Novas, vídeos e audios coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s