A ineficacia do Drogotest. É martes, e a min saíume o arco da vella, e a ti?

Os controis de tráfico sobre o consumo de sustancias psicoactivas ilegais son cada vez máis frecuentes nas nosas estradas. Nestes tests realmente non se valora a capacidade de condución no momento do control, senón o consumo de sustancias que nalgúns casos pode ser positivo ata tres días despois cando as capacidades cognitivas e de reacción están completamente recuperadas.

Dende o ano 2010 vense poñendo en práctica en todo o estado una serie de controis ̈aleatorios ̈. Despois de dar negativo no test de alcoholemia, cuantitativo -indica cantidade-, o axente de seguridade do estado pode facer segundo o seu propio criterio outro test, este de sustancias, cualitativo -indica presenza pero non en que grado-, impoñendo multas de 500 euros e 6 puntos, sen que se avalíen as aptitudes da condución, que debido á inexactitude do test deberían ser realizadas por profesionais capacitados.

O test o realiza un axente xudicial de tráfico, é ̈aleatorio ̈ pero obrigatorio, e en caso de negarse a sanción ascendería aos 600 euros, dous meses de suspensión do permiso de condución e unha retirada de 6 puntos do mesmo. No caso que o condutor acceda, pero sexa incapaz de face-lo test tomarase por positivo. No caso que sexa positivo o condutor pode pedir mediante unha proba de contraste unha análise sanguínea, que enténdese que no caso de que volva saír positiva a pagará o condutor.

O gran problema destas medicións é a proba en cuestión, xa que non hai uns graos obxectivos a partir dos cales supoña unha incidencia na condución, xa que este tipo de controis só detectan si se consumiu a sustancia non a súa proporción por litro de sangue, como ocorre co alcol. Por outra banda o test pode dar falsos positivos, xa que as sustancias poden facer reacción ata varios días despois do seu consumo como podemos ver nos seguintes casos:

Cannabinoides: dende o momento da toma ata pasadas 24 horas.

Anfetaminas: dende o momento da toma ata 3 días.

Cocaína: dende o momento da toma 3 días.

Opiáceos: dende o momento da toma ata 3 días.

Benzodiacepinas: dende o momento da toma ata 3 días.

*datos do sistema Cozart RapiScan utilizados pola Ertzantza.

Outro problema engadido é que o sistema polo de agora non é capaz detectar sustancias como a LSD, o metilfenidato -Rubifen- e barbitúricos que tamén afectarían a condución baixo os seus efectos.

Por suposto que a xente non pode ir ao volante baixo os efectos de ningunha sustancia alteradora da consciencia, pero para evitar isto non se deberían utilizar probas inexactas nin realizarse segundo unha aleatoriedade discriminatoria.

Dende a Xuntanza Antiprohibicionista esiximos unha paralización dos procesos sancionadores de toda-las afectadas por estes controis e aos usuarios unha chamada a un consumo responsable, que non se mesturen estados alterados da consciencia coa condución, non se pode conducir un vehículo baixo os efectos dunha sustancia que diminúa a capacidade de condución.

Como solución propoñemos fomentar as campañas informativas de concienciación con información veraz, e en caso de ser precisos os controis, mentres a técnica non sexa capaz de elaborar un método que sexa cuantitativo, deben ir sempre acompañados dun control psicotécnico capaz de valorar as capacidades cognitivas e de reacción de cada quen.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to A ineficacia do Drogotest. É martes, e a min saíume o arco da vella, e a ti?

  1. Alvaro di:

    Buen articulo. 🙂

  2. Zoroastro di:

    Nesta revista pódese ver como se realizan as probas.

    http://asp-es.secure-zone.net/v2/index.jsp?id=736/1618/12017&lng=es&startPage=22

    O que me parece a ostia e que se camuflen as medidas para garantir a seguridade vial como unha artimaña mais para sancionar o consumo, senon ¿como se explica que se das positivo pero non hay mermas na capacidade de conducción a sanción se “quede” en 500€ e 6 puntos? ¿Cal e o motivo da sanción senon consumir? Hipocresía:

    Pax 25:
    “Si el consumo de drogas no se manifiesta en una conducción bajo su influencia, se considera una infracción administrativa, con sanción de 500 € y pérdida de 6 puntos”.

    Saúdos e noraboa pola iniciativa, son usuario fai un tempo de energycontrol e estou orgulloso de ter algo así en Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s