[Documental] María Sabina, muller espírito.

María Sabina, mujer espíritu” é o retrato cinematográfico dunha das máis famosas curandeiras de México.

María Sabina chamán ou Chjota Chjine -a que sabe- da serra Mazateca de Oaxaca, estado do sur de México, foi quen nos redescubriu aos “estranxeiros” o uso ritual dalgunhas especies de fungos alucinóxenos que se supoñía desaparecido fai séculos debido a represión inquisitorial.

En 1955, R. G. Wasson sería o primeiro estranxeiro en participar nunha sesión preparada por María Sabina, onde primeiro adorábanse e logo inxeríanse fungos do xénero Psilocybe. Logo da experiencia, Wasson e a súa muller V. Pavlovna encargáronse de difundir o coñecemento deste uso ritual, o que levou a que centos de persoas achegáranse a pequena vila de Huautla de Jiménez para coñecer o uso dos fungos. Isto converteu a María Sabina nunha figura controvertida, criticada por moitos dos seus e convertida en símbolo de busca e coñecemento por outros, o que levou a súa figura a ser usada por centos de comerciantes no mundo para a venda de artigos varios a pesar de que ela morrera na pobreza.

A continuación pódese ver este documental de 1978 onde se describe a vida cotiá e ritual de María Sabina.

Título orixinal: María Sabina, mujer espíritu
Dirección: Nicolás Echevarría
Guión: Nicolás Echevarría
Fotografía: Gonzalo Infante
Música: Mario Lavista
Montaxe: Saúl Aupart
Protagonista: María Sabina
Narración: Andrés Henestrosa
Ano: 1978
País de produción: México
Duración: 81 min.


Estas entrada foi publicada en vídeos e audios coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s