Boletín da IACM do 28 de marzo 2012

Logo da IACMBoletín da IACM do 28 de marzo 2012
—————————————————-

1. Cienca/Células: Os cannabinoides inhiben a propagación do virus de inmunodeficiencia humana na última etapa da SIDA

Investigadores da Facultade de Medicina Monte Sinaí de Nova York,EUA, descubriron que os cannabinoides que se adaptan aos receptores CB2 activan outros receptores de certas células inmunes humanas que poden inhibir directamente o virus de inmunodeficiencia humana na última etapa da SIDA. “Sabiamos que os medicamentos cannabinoides como a marihuana poden ter un efecto terapéutico en pacientes con SIDA, pero non entendiamos como inflúen na propagación do virus en si mesmo”, dixo a autora do estudo Dra Cristina Costantino. “Queriamos explorar os receptores cannabinoides como diana para intervencións farmacéuticas que tratan os síntomas na última etapa da SIDA e previr a progresión da enfermidade sen os efectos secundarios indesexables da marihuana”.

O VIH infecta certas células do sistema inmune, as células T activas posuidoras de receptores CD4, o que fai que non poidan combater a infección. Para que o virus poida propagarse require que as chamadas células T en repouso se activen. Na fase terminal da SIDA, o VIH muda para que poida infectar as células T en repouso e poder entrar na célula mediante a sinalización dun receptor chamado CXCR4. Ao tratar as células cun agonista cannabinoide que activa o receptor CB2 este proceso de sinalización é bloqueado e a infección polo virus suprimida. “O desenvolvemento de un medicamento que se adapte só aos CB2 como tratamento coadxuvante á medicación antiviral estándar pode axudar a aliviar os síntomas na etapa tardía da SIDA e previr a propagación do virus”, dixo a Dr.a Costantino. Dado que o VIH non utiliza o
CXCR4 para mellorar a infección de células inmunes nas etapas temperás da infección, parece ser que os agonistas CB2 representarían fármacos antivirais eficaces só en estadios finais da enfermidade.

Como resultado deste descubrimento en experimentos celulares, o equipo de investigación dirixido polo profesor Benjamin Chen da Facultade de Medicina Monte Sinaí ten previsto desenvolver un modelo
en rato de etapa tardía da SIDA co fin de probar a eficacia de un fármaco que active os receptores CB2. O ano pasado un equipo de investigación da Universidade de Luisiana en Nova Orleans, EUA, publicou un estudo segundo o cal en monos rhesus infectados co virus da SE (equivalente ao virus de inmunodeficiencia humana), o THC reduce a taxa viral e inhibe a progresión da enfermidade SIDA.

Máis información en:
http://www.sciencedaily.com/releases/2012/03/120320195252.htm
http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0033961

(Fonte: Science Daily do 20 de marzo de 2012; Costantino CM, Gupta A, Yewdall AW, Dale BM, Devi A, Chen BK. Cannabinoid Receptor 2-Mediated Attenuation of CXCR4-Tropic HIV Infection in Primary CD4+ T Cells. PLoS One. 2012 March 20. [en imprenta])

2. Noticias breves

***Ciencia/Células: Os endocannabinoides estimulan a produción de melanina da pel
Científicos da Universidade de Teramo, Italia, investigaron os efectos dos  endocannabinoides na función dos melanocitos humanos, células da pel produtoras do pigmento marrón da pel melanina. Os endocannabinoides estimulan a produción de melanina mediante a activación dos receptores CB1 en ditas células. (Fonte: Pucci M, et al. J Biol Chem. 2012 Marzo 19. [en imprenta])

***Ciencia/Células: A anandamida inhibe un paso na progresión do cancro de mama
O Grupo de Investigación Endocannabinoide da Universidade Federico II de Nápoles, Italia, estudou os mecanismos polos cales o endocannabinoide anandamida inhibe o cancro de mama. Os científicos utilizaron células humanas de cancro de mama. Descubriron un novo efecto da anandamida contra o cancro que implica a inhibición dun paso, o cal é importante para a progresión do cancro á invasión do tecido circundante. (Fonte: Laezza C, et al. Eur J Cancer. 2012 Marzo 14. [en imprenta])

***Ciencia/Humanos: O consumo de cannabis pode influír na organización das células nerviosas do cerebro
Investigadores da Universidade de Indiana en Bloomington, EUA, compararon as propiedades da rede de células nerviosas no cerebro de 12 consumidores de cannabis e 13 suxeitos non consumidores mediante imaxe de resonancia magnética (IRM). Os consumidores de cannabis mostraron unha significativa diminución da eficacia da rede global. Estas diferenzas podrecían ser resultado do consumo de cannabis, ou ao revés, que as devanditas diferenzas na organización do cerebro poderían aumentar a probabilidade de consumir cannabis.
(Fonte: Kim DJ, et al. Brain Connect. 2012 Febreiro 24. [en imprenta].)

Asociación Internacional polos Medicamentos Cannabinoides (IACM)
Am Mildenweg 6
D-59602 Ruethen
Alemaña
Teléfono: +49 (0) 2952-9708571
Fax: +49 (0) 2952-902651
Correo electrónico: info@cannabis-med.org
www.cannabis-med.org

Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s