Boletín da IACM do 4 de xaneiro 2012

Boletín da IACM do 4 de xaneiro 2012

——————————————————

Logo da IACM

1. Francia: Dúas absolucións ditadas por tribunais penais polo uso médico do cannabis

Segundo informou a canle de televisión France 2 a noite do 28 de decembro, nos últimos días dous tribunais penais franceses diferentes absolveron a dous pacientes con enfermidades crónicas da acusación de posesión ilegal de cannabis. Un deles é un enfermo de SIDA que foi arrestado pola posesión de 400 gramos de cannabis e declarou ante o tribunal que era para uso persoal e fins terapéuticos. A segunda absolución foi un caso dun paciente de esclerose múltiple.

De acordo co informe da televisión o fiscal no xuízo contra o enfermo de SIDA dixo: “A lei ten que protexer aos individuos e, neste caso, non só non o protexe senón que o pon en
perigo se se lle nega o acceso á medicación”. No outro caso, o xuíz dixo que certas “condicións dolorosas intolerables só poden ser aliviados mediante o consumo de cannabis”. Estes son os primeiros casos publicados de absolución por consumo terapéutico de cannabis en Francia.

Máis información en:
http://www.pluzz.fr/jt-20h-2011-12-28-20h00.html
https://www.cannaway.net/actualite/les-tribunaux-francais-
depenalisent-lle-cannabis-medical-2/

(Fonte: France 2 do 28 de decembro de 2011, Cannaway do 28 de
decembro de 2011)

2. Noticias breves

***Suecia: Aprobada a comercialización do Sativex
O extracto de cannabis Sativex recibiu en Suecia a aprobación regulatoria para o tratamento da espasticidade na esclerose múltiple. O Sativex contén cantidades iguais de THC e CBD e se aplica na boca. En Europa xa está dispoñible no Reino Unido, Alemaña, España e Dinamarca. (Fonte: GW Pharmaceuticals do 22 de decembro de 2011)

***EE.UU.: Colorado pide nova clasificación para o cannabis

Colorado converteuse no terceiro estado que pide ao goberno federal a reclasificar do cannabis de xeito que os médicos ao poidan receitar como tratamento. O xefe do Departamento de Ingresos de Colorado fixo a petición nunha carta enviada o 22 de decembro.
A misiva di que a discrepancia entre a lei estatal e a lei federal de drogas, que non permite o consumo medicinal do cannabis, é problemático. En novembro de 2011 os gobernadores de Washington e Rhode Island tamén pediron que o goberno listase ao cannabis (marihuana) na mesma categoría que a morfina e a oxicodona.
(Fonte: Associated Press do 28 de decembro de 2011)

***Países Baixos: NCSM
O sitio web da holandesa NCSM (Dutch Association for Legal Cannabis and its Constituents ás Medicine, Asociación Holandesa para a Legalización do Cannabis e os seus Compoñentes como Medicamentos) xa está dispoñible en Inglés. (Fonte: Comunicación persoal, http://www.ncsm.nl)

***Ciencia: Seguridade do cannabidiol (CBD)
De acordo cunha revisión de estudos sobre o cannabidiol (CBD), este cannabinoide non psicoactivo da planta de cannabis “pode ser seguro en humanos e animais”. “Varios estudos suxiren que o CDB non é tóxico en células non transformadas, non induce cambios na inxestión de alimentos, non induce catalepsia, non afecta aos parámetros fisiolóxicos (frecuencia cardíaca, presión arterial e temperatura corporal), non afecta ao tránsito gastrointestinal e non altera as funcións psicomotoras ou psicolóxica”. (Fonte:
Bergamaschi MM, et al. Curr Drugs Saf 2011;6(4):237-49.)

***Ciencia: O CBD inhibe a metástase do cancro de pulmón
De acordo con experimentos celulares realizados na Universidade de Rostock, Alemaña, o cannabidiol (CBD) inhibe a metástase do cancro de pulmón mediante o aumento da concentración dunha determinada proteína (ICAM-1). (Fonte: Ramer R, et al. FASEB J. 2011 Dec 23. [en imprenta])

***Ciencia: Número de receptores CB1 na adolescencia
Segundo investigacións realizadas no Instituto de Investigación da Esquizofrenia en Sydney, Australia, o número de receptores CB1 no cerebro é maior en ratas adultas comparado ás adolescentes. Os investigadores notaron que este aumento “durante a transición da adolescencia á idade adulta é o contrario do que acontece coa maioría dos sistemas de neurorreceptores, os cales sofren unha diminución durante este período”. (Fonte: Verdurand M, et al. Int J Mol Imaging. 2011;2011:548123.)

***Ciencia: Inversión da cirrose hepática por un antagonista dos receptores CB1
De acordo con investigacións realizadas con animais por científicos italianos, o antagonista dos receptores CB1, rimonabant, inverte a fibrose do fígado inducida quimicamente en ratas. A fibrose reduciuse significativamente nas ratas tratadas con rimonabant. O número de receptores CB1 e CB2 foi maior nos animais cirróticos. O antagonismo farmacolóxico dos receptores CB1 asociouse cun maior incremento dos receptores CB2. (Fonte: Giannone FA, et al. Lab Invest. 2011 Dec 19. [en imprenta])

***Ciencia: Maior número de receptores cannabinoides nos tumores cerebrais
Segundo unha investigación realizada por científicos chineses o sistema endocannabinoide vese alterado en certos tumores cerebrais (os gliomas humanos). A concentración do endocannabinoide anandamida vese incrementado, mentres que o nivel de 2-AG (2-araquidonilglicerol) vese incrementado no tecido glioma. Os niveis dos receptores cannabinoides CB1 e CB2 tamén están aumentados. (Fonte: Wu X, et al. J Neurochem. 2011 Dec 16. [en imprenta])

***Ciencia: Efecto do rimonabant sobre o metabolismo
De acordo cun estudo clínico realizado con 76 pacientes obesos que recibiron rimonabant (20 mg/día) ou placebo durante 12 meses “as melloras observadas co tratamento con rimonabant en humanos na regulación da insulina dos ácidos graxos libres e do metabolismo da glicosa non foi maior que a predita pola soa perda de peso”. (Fonte: Triay J, et al. J Clin Endocrinol Metab. 2011 Dec 14. [en imprenta])
Asociación Internacional polos Medicamentos Cannabinoides (IACM)
Am Mildenweg 6
D-59602 Ruethen
Alemaña
Teléfono: +49 (0) 2952-9708571
Fax: +49 (0) 2952-902651
Correo electrónico: info@cannabis-med.org
http://www.cannabis-med.org

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Novas coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s