A Xuntanza Antiprohibicionista -XA!- somos unha asociación sen ánimo de lucro de persoas que reivindicamos un cambio na actual política de drogas.
Traballamos dende o 2004 denunciando a actual situación legal da maior parte das sustancias psicoactivas e proporcionando asesoramento a persoas sancionadas por esta lexislación; difundindo información sobre redución de riscos asociados ao consumo; e organizando actividades para facer visible o movemento antiprohibicionista en Compostela, tentando así acabar cos mitos e estigmas do “consumo de drogas”.

