Un dos obxectivos da XA! é a Normalización do consumo de sustancias, é dicir, que non se estigmatice nin criminalice á ninguén por decidir escoller unhas ou outras sustancias, ben sexa con fins lúdicos, médicos, espirituais ou de crecemento interior. Con esta intención facemos a nosa xuntanza anual do San Kanuto.
San Kanuto é un santo danés da igrexa católica que pouco ou nada tiña que ver coas sustancias psicoactivas, e ademais polo que hai escrito del tampouco era tan santo, xa que era un invasor bastante sanguinario. Pero ningunha destas razóns evitaron que os fumetas o erixíramos como patrón pola coincidencia do nome.
A romaría que lle facemos en Compostela, é unha xornada festiva na que pasamos todo o día reunidos con diferentes actividades, e xa é unha das importantes citas anuais dos antiprohibicionistas en Galiza.
