San Kanuto 2013 en Pe de Festa!!

Fronte á abusiva fianza imposta polo Concello de Compostela para a celebración de San Kanuto 2013, mañán sábado 19 de xaneiro parte da praza do Toural a maniFESTAción do San Kanuto 2013 “Nin taxas nin fianzas. A Compostela Culperegrinaciontural creámola entre tod@s, non ás trabas do Concello”.

 A Peregrinación do San Kanuto empezará ás sete da tarde cunha merendola popular, seguirá cos tradicionais Xogos Populares e o clásico Campionato Mundial de Petanka-nuto. Continuando a marcha cultural contaremos coa poesía da man de Feresita y Cilantro con Despojos, rematando a marcha coa Foliada Fumeta e as actuacións de Stylo Bastardo e John Happy Driver.

Traede os vosos disfraces e instrumentos e… este San Kanuto 2013 vémonos no Toural!!

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

San Kanuto 2013 en Compostela: O concello pide fianza de 1200 euros polo uso do espazo público

SANKANUTO'13defO goberno local de Compostela pon trabas de novo ao uso do espazo público para a realización dun evento cultural con xogos populares, música e circo.

Ante a solicitude da Xuntanza Antiprohibicionista do uso da Carballeira de Santa Susana para celebrar a tradicional festividade de San Kanuto a resposta do Concello é que para poder utilizar un espazo dedicado a celebración de festas nesta cidade (zona de pulpeiras da Alameda) debemos depositar unha fianza de 1200 euros.

Lembremos que en Compostela o San Kanuto leva celebrándose durante máis de doce anos ininterrompidamente, nove deles organizado pola X.A! no mesmo lugar.

Unha vez máis o goberno municipal rompe co compromiso de excluir do pago de taxas e fianzas para a utilización da vía pública ás entidades sen ánimo de lucro, entre as que se atopa a Xuntanza Antiprohibicionista.

En resposta a este abuso a X.A! abandona os tradicionais actos da celebración do San Kanuto e convoca maniFESTAción: San Kanuto en Movemento: Nin Taxas Nin Fianzas. A Compostela Cultural creámola entre tod@s, non ás trabas do Concello.

O San Kanuto en movemento partirá da praza do Toural o Sábado 19 as sete da tarde e percorrerá as rúas da Zona Vella compostelana, e por suposto non faltarán as tradicionais actividades culturais por moitas trabas que queiran impoñer.

Traede os vosos disfraces e instrumentos e… este San Kanuto 2013 vémonos no Toural!!

Publicado en Convocatorias, Novas | Etiquetado , , , , , , , | Deixar un comentario

[Documental] Rompendo o Tabú

Breaking the Taboo é unha película documental de 2011 sobre a guerra contra as drogas. A película narra a historia da guerra contra as drogas, a partir da Convención Única de 1961 sobre Estupefacientes. Breaking the Taboo explora a conclusión á que chegou a Comisión Global de Políticas de Drogas en 2011 na que a liberalización é o mellor enfoque fronte ás políticas de drogas.

Publicado en vídeos e audios | Etiquetado , , | Deixar un comentario

BOLETIN DE ENCOD SOBRE AS POLÍTICAS DE DROGAS EN EUROPA -DECEMBRO DE 2012-

encodDESMANTELAR O STATUS QUO DA POLÍTICA DE DROGAS

O status quo no debate da política de drogas é o resultado do feito de que a prohibición de drogas e o tráfico ilegal de drogas de ningún xeito son forzas opositoras. Sostéñense mutuamente. Trátase de dous instrumentos do mesmo imperio que domina a política e a economía, con dous importantes accionistas: a industria criminal e a industria da seguridade, profundamente arraigada tanto nos sectores público e privado.

A ilegalidade das drogas é unha ferramenta útil para o control represivo de centos de millóns de cidadáns, a violación dos seus dereitos humanos, a militarización das súas sociedades, a dominación da súa cultura e a destrución dos seus recursos naturais. Todo isto a base de argumentos que parecen ben intencionados nos ollos da opinión pública, como a protección da saúde e a seguridade do planeta.

Dende hai moitos anos, as autoridades políticas, legais e de saúde que se ocupan da cuestión das drogas en Europa comezaron a entender que a prohibición é contraproducente. Ao igual que os camiñantes en corda frouxa, están a gardar o equilibrio entre a lei e a aplicación pragmática da lei, porque é practicamente imposible perseguir a un fenómeno tan masivo como o consumo de drogas. Non obstante, a cuestión é cando esta tensión conducirá á reforma legal. De momento ningún país europeo parece disposto a ir máis alá que axustes simplemente cosméticos.

Mentres tanto, os que máis sofren da disfuncional política de drogas son os cidadáns normais e correntes, sen acceso aos niveis onde se toman as decisións. Mentres que as autoridades permanecen no debate sobre a conveniencia de ter ou non un debate sobre as drogas, estes cidadáns convértense cada vez máis en arquitectos das futuras políticas. Non obstante, desmantelar o status quo toma o seu tempo.

En Francia, o debate sobre a situación legal do cannabis recobrou vida recentemente polo ministro de Educación nacional Vincent Peillon, quen argumentou a favor dun novo sistema de regulación das drogas en reacción a dous grandes casos de corrupción. Despois das palabras de Peillon, moitos xornalistas e políticos expresaron o seu apoio, pero o primeiro ministro Ayrault decidiu pechar a discusión. Non obstante entón, a ministra de Saúde, Marisol Touraine, comentou que a apertura de salas de inxección estaría entre as súas principais preocupacións.

En Italia, un encontro nacional de activistas para a reforma das políticas de drogas levouse a cabo nunha enorme fábrica ocupada pertencente á empresa multinacional de orixe americana J. J.Colors, en Pisa. Poucos días antes a policía antidisturbios de Milán interrompera unha festa rave ilegal, atacando os visitantes no medio da noite. Pero o tema principal da reunión referíase á posible organización dos Clubs Sociais de Cannabis en Italia, comezando posiblemente con grupos de pacientes cultivando para uso propio.

En España, activistas para outras políticas de drogas dan a alarma sobre o impacto dos grandes recortes nos programas de drogas como consecuencia das medidas de austeridade. Na súa análise das novas medidas, ENLACE, a Federación de Organizacións Andaluzas da sociedade civil que traballan na redución de danos, lamenta o feito de que as organizacións da sociedade civil serán os máis afectados: “Realizamos un labor necesario, profesional e de calidade, senón, creando redes nos barrios e pobos, con traballo de rúa. Non obstante, cada ano encontrámonos con menos apoio da Administración. Moitas traballadoras e traballadores estiveron meses e meses sen cobrar, moitos tiveron que poñer diñeiro dos seus petos para adiantar as cantidades debidas pola Administración “.

Na República Checa, a modificación da lei para permitir o uso médico do cannabis vai para a terceira lectura no Parlamento. Cando se aprobe irá ao Senado e logo ao presidente para que el poida asinala. A lei prevé que o cannabis medicinal debe ser plenamente accesible aos pacientes co mellor control posible e o seguimento científico polo Instituto Estatal para o Control de Drogas. O cultivo de cannabis por parte dos pacientes debería ser posible a partir do 1 de xaneiro de 2014.

En Alemaña, as expectativas e as discusións sobre a legalización e a despenalización do cannabis están a desenvolver nunha dirección positiva, pero as reaccións das autoridades son decepcionantes. Ningunha proposta foi seriamente tomada en consideración.

Aínda non está claro cal será o futuro do weedpass agora que un novo goberno holandés chegou ao poder. Os respônsables para o ministerio de seguridade e xustiza seguen sendo as mesmas persoas, e están a tratar de manter en curso a maior parte dos seus plans. Afortunadamente, existe unha resistencia xeneralizada e forte dende as cidades máis grandes, e tamén de moitas outras de tamaño medio, e aínda non está claro cal será o resultado. Nas próximas semanas os veredictos nunha serie de casos xudiciais contra os coffeeshops faranse públicos. Isto pode influír no curso da política de drogas holandesa. Ministro Opstelten (Seguridade e Xustiza) segue dicindo que as súas políticas son nacionais, pero que as autoridades locais poderán facer axustes. Así que simplemente non sabemos como rematará todo isto.

Mentres tanto, as políticas de drogas en Bélxica están a ser reformuladas dende abaixo: o Cannabis Social Club Trekt uw Plant está incrementando rapidamente a súa militancia. Ao redor de 300 belgas teñen agora a posibilidade de obter unha planta de cannabis da organización, e varios grupos están a punto de iniciar outro CSC.

O exemplo dos CSCs en Bélxica e España segue inspirando a activistas doutros países en busca dun horizonte máis alá do status quo actual. A principios de novembro, un taller sobre como crear un CSC tivo lugar en Ljubljana, Eslovenia. Polo momento, os activistas eslovenos cannabis están aínda moi involucrados nas actividades de libre Bozidar Radisic, pero cando esa batalla terá rematado, a posta en marcha dun CSC podería ser o próximo paso.

O 30 de novembro, o concepto de CSC explicarase durante a festa da colleita do Centro Social de Turín, Italia, e o 1 de decembro, a Asemblea Xeral da Federación Francesa de CSC levarase a cabo en París.

Por Joep Oomen (grazas a Enrico Fletzer, Farid Ghehioueche, Fredrick Polak, Hanka Gabrielova, Ingrid Wunn e Peter Webster)

Publicado en Documentos, Novas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

“Obradoiro de Autodefensa ante a Lei Corcuera” da XA! en Casa do Vento

¿Que é un acordo de iniciación? ¿Cal é o prazo para presentar alegacións? ¿Que teño que alegar?

De novo podes acudir ao “Obradoiro de Autodefensa ante a Lei Corcuera” da Xuntanza Antiprohibicionista para aprender a recorrer as túas sancións administrativas por infracción da Lei Orgánica 1\92 de Protección de Seguridade Cidadá (multas por tenencia ilícita ou consumo na vía pública de sustancias psicoactivas perseguidas).

Desta volta podes atoparnos no C.S.O. Casa do Vento (Rueiro de Figueiriñas nº 15) tódolos martes de 18:00 a 20:00 h. ou poñerte en contacto con nos mediante correo electrónico.

Publicado en Convocatorias, Novas | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Magosto da X.A! 2012

Outro ano máis temos o pracer de convidarvos ao Magosto da Xuntanza Antiprohibicionista que terá lugar este sábado 17 de novembro as 19:30 na Praza dos Bombeiros na zona vella de Compostela.

Coma sempre non faltarán a boa música, as castañas e o caldo de balde!!

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , | Deixar un comentario

A XA! participará no “Novembro Negro”

A XA! Participará no “Novembro Negro”, xornadas anarquistas itinerantes galegas, que percorreran varias cidades e vilas galegas durante o presente mes.

Lois membro da Xuntanza Antiprohibicionista falará na charla:

Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH. A ritalinización da infancia, que terá lugar:

Mércores 7 en A Coruña.
Xoves 8 en Ourense.
Venres 9 en Vigo.
Sábado 10 en Marín.
Venres 16 en Compostela

As xornadas en A Coruña serán no C.S.O.A Palavea, en Marín na okupa O Liceo, en Ourense na Kasa Negra, en Vigo na Cova dos Ratos e en Compostela na Biblioteca A Ghavilla. Atentos a posibles modificacións.

xornadas anarquistas itinerantes galegas

Para ver o resto da programación das xornadas preme neste enlace.

Publicado en Convocatorias | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario